A tempada 1955-1956 da Copa de Europa foi a edición inaugural da nova Copa de Europa de fútbol, organizada polo xornal deportivo francés L'Equipe, que foi quen elixiu ós 16 equipos participantes. Algúns dos equipos combidados rexeitaron a participación, sendo substituídos na maioría dos casos por outros equipos do mesmo país.

O torneo comezou o 4 de setembro de 1955 coa rolda de oitavos de final, e rematou o 13 de xuño de 1956 coa final, disputada no Parc des Princes de París, na que se enfrontaron o Real Madrid e o Stade de Reims con vitoria para os españois por 4 goles a 3.

Cadro de enfrontamentos

Véxase tamén Ligazóns externas Base de datos da tempada 1955-56 da Copa de Europa na RSSSF Páxina web das competicións europeas da UEFA

Categoría:Liga de Campións da UEFA Categoría:Fútbol en 1956