A Copa das Nacións é unha competición internacional de fútbol realizada cada catro anos polos membros da Confederación de Fútbol de Oceanía.
Historia
O torneo xogouse en 1973 e 1980, mais de forma regular comezou a disputarse en 1996. A selección de Nova Zelandia gañou o torneo en cinco ocasións (1973, 1998, 2002, 2008 e 2016), Australia en catro (1980, 1996, 2000 e 2004) e Tahití venceu na edición de 2012.
Categoría:Competicións de fútbol Categoría:Oceanía