O distrito de Busia é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación principal, Busia, que se atopa xusto ao oeste da Busia de Kenya.
Limita co distrito de Tororo polo norte, co distrito de Busia, Kenya polo leste, coa República de Tanzania polo sur, co distrito de Namayingo polo suroeste e co distrito de Bugiri polo oeste.
Este distrito existe como tal desde 1997. Anteriormente era o condado de Busia do distrito de Tororo. A distancia entre algunhas zonas de Busia con Tororo foi un dos principais argumentos para xustificar a súa creación. Administrativamente, o distrito está dividido en tres división, estas son:
Samia Bugwe Norte Busia Samia Bugwe Sur
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de aproximadamente 225.000 habitantes.
Os grupos indíxenas do distrito son os samia e os bagwe, que inclúen numerosos clans.
Véxase tamén Ligazóns externas Portal do distrito
Busia