Ariane 2 foi o nome do segundo modelo da familia de foguetes Ariane.

Características Tralo fracaso da antiga ELDO, predecesora da ESA, de poñer en marcha un programa de foguetes funcionais debido aos fallos dos foguetes Europa 1 e Europa 2 e de planear construír un Europa 3, o CNES francés propuxo construír un novo foguete con tecnoloxía xa probada. Foi durante a quinta Conferencia Espacial Europea, en decembro de 1972, e na que se constituíu a ESA, na que se acordou iniciar o programa do novo foguete, que terminaría por denominarse Ariane. O seguinte paso despois dos éxitos do Ariane 1 foi mellorar o modelo básico, para o que se creou un novo modelo, que pasaría a denominarse Ariane 2, mellorando o pulo dos motores Viking 4 e Viking 5 da primeira e segunda etapa, substituíndo o propelente UDMH por UH25, o alongamento da terceira etapa en 1,3 metros e substituíndo o motor por un HM7-B.

Historial de lanzamentos VooDataRampla de lanzamentoCargaResultadoNotasV-1831 de maio de 1986ELA-1Intelsat-5A 14FalloPrimeiro voo.V-2021 de novembro de 1987ELA-2TVSAT 1ÉxitoV-2317 de maio de 1988ELA-1Intelsat 5A 13ÉxitoV-2628 de outubro de 1988ELA-1TDF-1ÉxitoV-2827 de xaneiro de 1989ELA-1Intelsat 5A 15ÉxitoV-302 de abril de 1989ELA-1TELE-XÉxitoÚltimo voo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ariane 1, 2, 3

Categoría:Ariane