Raimonds Pauls, nado en Riga o 12 de xaneiro de 1936, é un político, intérprete de piano e compositor letón, ben coñecido na antiga Unión Soviética.
Traxectoria Pauls estudou na Escola de música Emils Darzins. En 1958 gradouse na Academia de Música de Letonia co profesor de piano H. Braun, nesa época xa o tocaba en restaurantes, aprendendo cancións clásicas e contemporáneas de jazz, entre 1962 e 1965 estudou composición e de 1964 a 1971 dirixiu a Orquestra Filharmónica de Letonia, na que tamén tocaba o piano.
En 1972 creou un conxunto para a radio letoa, da que xurdiron varios grupos musicais, o máis coñecido foi o grupo "Modo".
Raimonds Pauls foi membro do Soviet Supremo da República Socialista Soviética de Letonia, e de 1988 a 1993 foi ministro de cultura letón. En 1993 converteuse en conselleiro do Presidente de Letonia, e desde 1998, deputado no Saeima, ao primeiro como xefe do Novo Partido, partido polo que se presentou como candidato ás eleccións presidenciais de 1999, e desde pouco antes das eleccións de 2002 ingresou no Partido Popular, resultando elixido por este partido nas eleccións de 2002 e 2006.
Pauls compuxo a música de seis filmes musicais e teatro musical, tres ballets e sobre 50 películas e actuacións teatrais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial (en letón)
Categoría:Compositores Categoría:Políticos de Letonia Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Riga