Xosé Eduardo López Pereira, nado en 1945 en Trasalba, Ourense, é un catedrático de Filoloxía Latina.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Clásica pola Universidade de Salamanca, e acadou o doutoramento en Filoloxía Latina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro do Deutscher Akademister Austauchsdienst na Academia de Baviera, dedicándose aos textos latinos medievais. É catedrático da Universidade da Coruña.

Foi secretario xeral da UdC durante seis anos, foi director xeral de universidades da Xunta de Galicia durante oito anos, e é director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Especializouse na cultura da Gallaecia romana e no Reino Suevo de Galicia, así como en persoeiros da Historia de Galicia como Prisciliano, Exeria, Paulo Orosio, Hidacio ou Martiño Dumiense. Foi director xeral de ordenación universitaria durante o mandato de Manuel Fraga Iribarne. Dirixiu entre 1994 e 2019 o equipo de investigación Corpus documentale latinum Gallaeciae, ligado ao Centro de Investigación Ramón Piñeiro, que recolle e analiza tódolos documentos galegos dende o ano 850 a 1250.

En 2021 foi escollido presidente da Fundación Otero Pedrayo.

Recoñecementos

En 1994 obtivo o Premio Xesús Taboada Chivite. Obras Ensaio O primeiro espertar cultural de Galicia (1989, Universidade de Santiago de Compostela). Exeria (1991, Edicións Xerais de Galicia). Guía do peregrino. Códice Calixtino (1993, Edicións Xerais de Galicia). Cultura, relixión e superstición na Galicia Sueva (1996, Universidade da Coruña). Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Catedráticos da Universidade da Coruña Categoría:Nados en 1954 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca