Gwyddno Garanhir foi un rei lendario do reino galés de Meirionydd e fillo de Gwrin Farfdrwch. Traxectoria
Segundo a tradición, perdeu unha gran parte do seu reino logo de que o asolagase o océano Atlántico. Este territorio, chamado Maes Gwyddno, estaría protexido por un dique. Mererid, unha moza deixou abertas as comportas e o mar ocupou esta terra. Tamén lle botan a culpa a Seithenyn, o gardián do dique que esqueceu pechar as comportas no medio dunha borracheira.
Gwyddno Garahnhir casou con Ystradwen e tivo sete fillos: Idris, Rhun, Dyfnwal, Eifionydd, Elffin, Sandde e Edern. O seu fillo Elffin foi quen salvou o bardo Taliesin de neno.
Véxase tamén
Ligazóns externas Gwyddno Garahnhir en Early British Kingdoms
Categoría:Mitoloxía galesa