As células de Boettcher son células poliédricas que se encontran na membraba basilar da cóclea ou caracol do oído, situadas por debaixo das células de Claudius. As células de Boettcher considéranse células de soporte para o órgano de Corti do oído, e só se encontran no xiro inferior da cóclea. Estas células teñen núcleos esféricos grandes, están entrelazadas unhas con outras e, e proxectan microvilli no espazo intercelular.
Debido á súa especialización estrutural, crese que as células de Boettcher desempeñan un papel significativo na función da cóclea. Presentan niveis elevados de calmodulina, e poden estar implicadas na mediación da regulación do Ca2+ e no transporte iónico.
A oxido nítrico sintase detéctase en abundancia no citoplasma das súas interdixitacións. A súa ultraestrutura suxire que levan a cabo tanto funcións secretoras coma absorbentes. Tamén expresan o Panx1.
As células de Boettcher reciben ese nome polo patólogo alemán Arthur Boettcher, tamén escrito Böttcher (1831-1889).
Notas
Categoría:Histoloxía Categoría:Oído
nl:Haarcel