miniatura|dereita|220px|Botella e vaso de granadina.

A granadina ou xarope de granadina é unha bebida que se elabora con azucre e granadas, e que non contén alcohol.

Debido a que a granadina adoita utilizarse en cócteles para adozar e dar cor, moitos cren que se trata dunha bebida alcohólica.

Tamén pode tomarse como refresco, combinándoa con soda ou auga.

A granadina pode utilizarse tamén para darlle sabor a xeados e outras sobremesas.

Notas

Categoría:Bebidas