Alexandros Papadiamandis, nado en Skiathos o 4 de marzo de 1851 e finado o 3 de xaneiro de 1911, foi un escritor grego.

Traxectoria Papadiamandis naceu na illa de Skiathos, no oeste do mar Exeo, lugar que aparece notablemente na súa obra. O seu pai foi sacerdote. Mudouse a Atenas de mozo para terminar os seus estudos de bacharelato, e iniciou estudos na facultade de filosofía de Atenas, pero nunca os terminou. Volveu á súa illa natal ao final da súa vida, onde morreu. Viviu de escribir, dende artigos en xornais e pequenas historias até varias novelas. Non casou. Morreu de pneumonía.

A novela A asasina (Ἡ φόνισσα) está considerada a súa obra fundamental.

Véxase tamén Ligazóns externas Papadiamantis

Categoría:Escritores en lingua grega moderna Categoría:Nados en 1851 Categoría:Nados na periferia de Tesalia Categoría:Finados en 1911 Categoría:Novelistas de Grecia