El Eco de Galicia foi un periódico editado en Lugo entre 1872 e 1898.

Historia e características Subtitulado Periódico político, apareceu o 1 de agosto de 1872. Foi unha publicación trisemanal fundada por Manuel Vázquez de Parga. Estivo dirixido por Nicandro García Taboada, Antonio Villamarín, Ramón Iglesias Camino, Lorenzo Gómez Quintero (dende o 20 de maio de 1891), Víctor Castro Soto (1892-1898), Emilio Tapia Rivas (dende xaneiro de 1898) e o fundador. No equipo de redacción estiveron, entre outros, José María Castro Bolaño e Teolindo María Romero.Número 1, 1/8/1872

Interrompeu a súa publicación en 1875 e reapareceu en 1882. Comezou a súa terceira etapa en 1891.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Lugo Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1872 en Galicia