The Legend of Zu (en ) é un filme de Hong Kong dirixido por Tsui Hark que se estreou no 2001.

Sinopse Zu é unha antiga provincia onde o mundo infernal, o mundo das artes marciais e o mundo da luz se mesturan. É aquí onde as forzas do ben e do mal se enfrontarán nunha definitiva batalla. O Gran Mestre do Clan Omei guía ós seus discípulos, Lobo Azul e Falcón Vermello, para loitar contra Onyx e os seus perversos fieis. O mortal combate causa destrución e caos a grande escala. No fragor da liorta un erro de Falcón Vermello deixa que escape Onyx, quen corre a refuxiarse na Cova do Sangue, que tras anos pechada, volveu abrir nun monte preto de Zu. Entón ordénanlle a Falcón Vermello que vixíe o agocho e os movementos que poida facer Onyx mentres o Gran Mestre e o resto dos membros de Omei se reagrupan e preparan un plan para destruílo definitivamente. A única opción posible contra Onyx é unir o poder das espadas de Loba das Neves e Aguia Prateada nunha arriscada operación. Algo falla no proceso de unión e o espírito de Aguia Prateada queda encerrado na súa espada do Trono. A partir deste espírito, o gran Mestre prepara un novo home, Ying, ó que Lobo Azul e Loba das Neves, terán que preparar para intentar de novo a unión e vencer ás forzas do mal.

Personaxes Ekin Cheng como Lobo Azul Cecilia Cheung como Dawn / Enigma Louis Koo como Red Patrick Tam como Thunder Kelly Lin como Amnesia Zhang Ziyi como Joy Sammo Hung como White Brows Ng Kong como Hollow Wu Jing como Ying Lau Shun como Mestre Transcendental Lam Chi-tai (especialista)

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filamffinity

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes dirixidos por Tsui Hark Categoría:Filmes wuxia