A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é unha asociación cultural nacida na Coruña o 17 de agosto de 1976 e que ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas e a divulgación da figura e pensamento de Alexandre Bóveda. Actividade Realiza diferentes actividades de tipo sociocultural entre as que destaca a celebración do Memorial de Teatro Amador Ibán Toxeiro, os obradoiros de teatro e de xadrez, os clubs de lectura, actividades na defensa dos dereitos das mulleres, a publicación dos números da Biblioteca Alexandre Bóveda, exposicións etc. Tamén realiza un traballo de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avances tecnolóxicos, entre outras moitas. En xaneiro de 2020 puxo en marcha o proxecto e a web A Coruña das Mulleres, destinada a construír un fondo documental, gráfico e audiovisual, sobre a memoria feminina da cidade da Coruña. En xaneiro de 2023 presentou o seu proxecto A Coruña Literaria, co obxectivo de poñer un foco sobre todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e da lectura.
En 2017 recibiu o premio Marcelino Liste outorgado polo Foro Cívico, como recoñecemento do seu traballo a prol da xustiza e da liberdade e en 2023 o premio Moncho Valcarce pola defensa e promoción da terra.
Desde xaneiro de 2023 a súa sede está na rúa Santo André, 36, primeiro andar, no edificio do Circo de Artesáns.
En xuño de 2025 adoptou unha presidencia colexiada formada por cinco persoas, un modelo pouco habitual no asociacionismo galego.
Histórico da presidencia
Mandato Presidencia 1976–1977 Margarida Vázquez Veras 1977–1980 Xosé Espona Blanco 1980–1983 Cesáreo Sánchez Iglesias 1983–1988 Pilar García Negro 1988–1992 Antón Cruz Freire 1992–1996 Carlos Rodríguez Silvar 1996–2007 Francisco Xabier Peña Díaz 2007–2012 Roberto Catoira Viñán 2012–2017 Xosé Manuel Sánchez Rei "Seguiremos a traballar polo país desde outras ferramentas". Nós Diario. 18 de xaneiro de 2016. 2017–2025 María Xosé Bravo San José "A A. C. Alexandre Bóveda elixe unha presidencia colexiada". Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Xuño de 2025. 2025–Actualidade Presidencia Colexiada: Carmela Galego Marante, Daniel Rodríguez Cao, Jorge Castro Ruso, Luz Rivas Troiteiro, Marisol García Juárez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Federación de Asociacións Culturais Galegas Ligazóns externas A Coruña das Mulleres A Coruña Literaria
Alexandre Categoría:A Coruña