.bb é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Barbados. Foi mantido por varios administradores desde a súa creación. O primeiro deles foi a Universidade de Porto Rico. En 1996 o goberno de Barbados conseguiu o control do .bb en beneficio da Cable & Wireless (BARTEL) Ltd. No 2001 asinouse un acordo entre o Goberno de Barbados e a Cable & Wireless (Bartel) Ltd. e a súa compañía irmá Cable & Wireless (BET) Ltd., para continuar coa administración dos dominios do .bb até que o goberno seleccionara novas directrices. En novembro de 2007, o .bb foi relegado á Telecoms Unit, que pertence ao Goberno de Barbados.IANA Report on the Re-delegation of the .BB Top-Level Domain - 2007
O goberno indicou que súa intención sería manter o dominio semi-protexido. Os asuntos legais que concirnen os dominios son establecidos pola Oficina de Propiedade Intelectual e Asuntos Corporativos (Corporate Affairs and Intellectual Property Office, CAIPO) parte do goberno.
A cota para o ccTLD e para os dominios de segundo e terceiro nivel, é de 120 dólares de Barbados anuais.
Dominios de segundo nivel .co.bb - uso xeral (normalmente comercial) .com.bb - entidades comerciais .net.bb - provedores de rede .org.bb - uso xera (normalmente para organizacións sen ánimo de lucro) .gov.bb - organizacións do goberno de Barbados .edu.bb - organizacións da educación de Barbados .info.bb - uso xeral .store.bb - uso xeral .tv.bb - uso xeral .biz.bb - uso xeral
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información no IANA do .bb
Categoría:Dominios de Internet Categoría:Barbados
sv:Toppdomän#B