Al-Mugrib fī ḥulā al-Magrib (en árabe المغرب في حلى المغرب) é unha obra do granadino Ibn Sa'īd al Magribī escrita no século XIII. O seu título significa O extraordinario sobre as xoias de Occidente. Está a metade de camiño entre unha antoloxía poética e unha obra xeográfica, xa que reúne información sobre os poetas do Magrebe organizados segundo a súa orixe xeográfica: os de Córdoba, os toledanos, os valencianos etc.

Cada capítulo rexional está ademais divido en sub-seccións, primeiro a capital provincial, logo as localidades máis importantes. Esta clasificación é moi interesante desde o punto de vista xeográfico, xa que dá fe de cales eran as divisións, como estaban subdivididas, cales eran as principais localidades e a categoría das mesmas. O seu método, sistemático, divide os núcleos de poboación en tres categorías principais: medina (cidade), hisn (fortificación) e qarya (aldea ou alquería). Esta terminoloxía foi a habitual durante os séculos XII e XIII en al-Ándalus.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Al-Andalus Categoría:Obras de poesía en árabe