A Xunta Superior de Galicia de 1836 foi unha xunta constituída na cidade da Coruña polos carlistas galegos, ao comezo da primeira guerra carlista, e que foi presidida por Xosé María Bermúdez Acevedo, Señor de Ramiráns e Vilardefrancos, así como Rexedor Perpetuo de Ferrol.
En 1836 Xosé María Bermúdez que, xunto a súa esposa, Xacoba de Cisneros Puga, máis coñecida como a Condesa de Gimonde, foron dos máis fervorosos partidarios galegos do infante Carlos María Isidro de Borbón, o irmán de Fernando VII, tratou de organizar unhas milicias galegas para proclamar rei de España ao Duque de Molina, o infante Carlos, en detrimento da súa sobriña Isabel II.Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1976): El carlismo gallego. Santiago: Pico Sacro. (Obra revisada e reeditada en 2008, e publicada en galego como O carlismo galego en Laiovento).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Condado de Ximonde Xunta Suprema do Reino de Galicia (1808) Xunta Superior do Reino de Galicia (1846)
Categoría:Século XIX en Galicia Categoría:1836 Categoría:Carlismo