miniatura|As torres do Kremlin de Moscova. Kremlin (do ruso кремль, kreml ‘cidadela fortificada’, derivada de krem ‘pedra’), sinónimo de "fortaleza" en ruso, reférese a calquera complexo fortificado encontrado nas cidades rusas históricas. A palabra é máis frecuentemente utilizada en referencia ao máis coñecido deles, o de Moscova, sede do goberno da Rusia e da extinta Unión Soviética. É unha das maiores atraccións turísticas da cidade de Moscova.

Os kremlin de Rusia

Patrimonio da Humanidade: O Kremlin de Moscova acolle a sede do goberno central do país. Durante séculos foi a residencia principal dos tsares de Rusia, até que a capital foi trasladada a San Petersburgo; O Kremlin e a Praza Vermella, 1990. Kremlin de Kazán, na cidade de Kazán; Complexo histórico e arquitectónico do Kremlin de Kazán, 2000. Kremlin de Nóvgorod, na cidade de Nóvgorod; Conxunto monumental de Nóvgorod e arredores, 1992. Kremlin de Súzdal, na cidade de Súzdal; Monumentos Brancos de Vladímir e Súzdal, 1992. Mosteiro de Solovetsky, nas illas Solovetsky; Conxunto Histórico e Cultural das Illas Solovetsky, 1992. Existentes: Kremlin de Pskov, na cidade de Pskov. Kremlin de Smolensk, na cidade de Smolensk. Kremlin de Rostov, na cidade de Rostov. Kremlin de Tula, na cidade de Tula. Kremlin de Nizhnii Novgorod, na cidade de de Nizhnii Novgorod. Kremlin de Tobolsk, na cidade de Tobolsk. Kremlin de Kolomna, na cidade de Kolomna. Kremlin de Zaraysk, na cidade de Zaraysk. Fortaleza de Ivangorod, na cidade de Ivangorod. Fortaleza de Carelia, na cidade de Priozersk. Fortaleza de San Pedro e San Paulo, na cidade de San Petersburgo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Kremlin de Moscova

Categoría:Arquitectura de Rusia