Maria di Rohan (en galego María de Rohan) é unha ópera tráxica en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado en Un duel sous le cardinal de Richelieu de Lockroy e Edmond Badon. A súa estrea tivo lugar no Kärntnertortheater de Viena o 5 de xuño de 1843.
Esta ópera é moi pouco representada na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con unicamente 3 representacións no período 2005-2010.
Personaxes
PersonaxeTesituraElenco na estrea, 5 de xuño de 1843Maria, condesa de RohansopranoEugenia TadoliniRiccardo, conde de ChalaistenorCarlo GuascoEnrico, duque de ChevreusebarítonoGiorgio RonconiArmando di Gondìtenor (daquela contralto)Michele NovaroO vizconde de SuzebaixoFriedrich Becherde FiesquebaixoGustav HölzelAubry (secretario de Chalais)tenorAnton MüllerUn familiar de ChevreusebaixoCabaleiros, o gabinete do Rei, paxes, gardas e criados domésticos de Chevreuse
Argumento Maria, casada co Duque de Chevreuse (encarcerado por matar o sobriño do Cardeal Richelieu nun duelo), pide axuda ao seu antigo amante e Conde de Calais, Riccardo. Maria é insultada e Riccardo sae na súa defensa, retando a un duelo ao ofensor. Chevreuse sae en liberdade e xúralle lealdade. Maria tenta inutilmente impedir o duelo e confesa o seu amor por Riccardo, quen lle escribe unha carta de despedida que debería serlle entregada a Maria no caso de morrer. Chevreuse loita no seu lugar no duelo e resulta ferido levemente, mais, mentres tanto os homes do Cardeal entran no cuarto de Riccardo e levan varios documentos. Chervreuse amósalle un pasadizo secreto a Riccardo polo cal poder escapar e este pídell a Maria que o siga. Riccardo regresa para levar a Maria con el, mais Chevreuse atopa a súa carta, admitindo Maria a súa culpa. Chevreuse reta a un duelo a Riccardo, que se suicida.
Momentos destacados Maria ten unha conmovedora escena de entrada no primeiro acto con Culpa, fatal mestizia. No terceiro acto hai unha fermosa escena de Chevreuse con Bella e di sol vestita. Mentres que Riccardo ten o seu momento de lucimento no segundo acto coa aria Alma soave e cara, na que pensa no duelo co home que insultou a Maria.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Donizetti Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Viena Categoría:Óperas de 1843