María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada en 1959 e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciada en Dereito, foi directora xeral de Relacións laborais e secretaria xeral da Consellería de Xustiza. Foi conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais no penúltimo goberno Fraga (2003-2004). En 2004 unha enfermidade a obrigou a retirarse. A Xunta concedeulle a medalla Castelao en 2005.

Véxase tamén Ligazóns externas Nova do seu falecemento en Vieiros

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1959 Categoría:Finados en 2005