Manuel Otero Acevedo, nado en Rosario o 17 de abril de 1865 e finado en Pontecesures o 19 de xuño de 1920, foi un médico e xornalista arxentino residente en Galicia.

Traxectoria Fillo de Antonio Otero Moar, de Pontecesures, que emigrou a Arxentina, onde fixo fortuna e casou con Narcisa Acevedo. O seu pai enviouno co seu irmán José a Galicia e asentáronse en Pontecesures. Graduouse de bacharel no Instituto de Santiago de Compostela o 7 de novembro de 1882. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid coa tese Etiología y tratamiento del Lupus tuberculoso (1891). Especializouse na cirurxía do sistema nervioso. Foi o primeiro neurocirurxián que realizou con éxito a operación cirúrxica do sistema nervioso simpático cervical en España. Dirixiu o Hospital Provincial de Pontevedra (1910). Compañeiro de Valle-Inclán en Compostela, era un declarado anticlerical, foi o restaurador da tuna compostelá, amigo de Pío Baroja. Combinou o seu interese como anticuario e orientalista coa paixón polo espiritismo e a teosofía. Colaborou no periódico compostelán Café con Gotas e foi fundador e director de Pero-Grullo (1888).

Obras La cirugía del sistema nervioso en España antes de la época actual, 1900. Resección total y bilateral del simpático del cuello, 1898.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

José de Cora (2018). "Te llamaré Muerto. Valle-Inclán y Acevedo en la Casa do Demo". EDITORA Y DISTRIBUIDORA HISPANOAMERICANA, S.A. EDHASA, ISBN:9788435063210 Ligazóns externas

Manuel Otero Acevedo, presidente de la Tuna Compostelana de 1888

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Orientalistas Categoría:Nados en Rosario Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Anticlericais