Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.

Recibiu o seu nome en homenaxe á Raíña Henrietta María de Francia, esposa do Rei Carlos I de Inglaterra.

O actual himno dos Estados Unidos, The Star-Spangled Banner, escribiuno Francis Scott Key, un poeta que se inspirou ao ver as tropas americanas defendéndose con éxito dun ataque das tropas navais do Reino Unido (na época, a maior potencia militar do mundo) contra Baltimore, na Guerra de 1812.

Xeografía 250px|dereita|miniatura|Vista do Río Susquehanna.

Maryland está situado na Rexión Sur. Limita ao norte con Pensilvania, ao oeste con Virxinia Occidental, ao leste con Delaware e o océano Atlántico e ao sur, separados a través do río Potomac, con Virxinia. Próximo ao centro do estado, ás marxes do río Potomac, localízase a capital americana, o Distrito de Columbia. A Baía Chesapeake case divide o estado en dous, e contando que o río Susquehanna desemboca na baía, o estado efectivamente está dividido en dous.

A extensión do litoral de Maryland co océano Atlántico é de 50 km. Porén, contando a baía Chesapeake e as illas dentro da baía, este número aumenta ata os 5.134 quilómetros; a maior parte dos ríos do estado desembocan na baía Chesapeake. Non existen lagos naturais, aínda que existan lagos artificiais, creados por encoros coa intención de xerar electricidade; o maior deses lagos posúe 1.600 hectáreas. Cerca de 40 % do estado é cuberto por bosques.

Maryland está dividido en cinco rexións xeográficas: Os Planaltos do Apalaches, que se estende de Xeorxia ata Nova York, ocupan o extremo occidente do Estado; caracterízase polo terreo accidentado e montañoso. O punto máis alto de Maryland, Backbone Mountain, cos seus 1.024 metros de altitude, localízase nesta rexión. O Val do Apalache, que se estende desde Alabama ata a Nova Jersey, pasa por Maryland, localizándose inmediatamente ao leste dos Planaltos do Apalache. A sección do Val do Apalache en Maryland caracterízase pola súa largura. Esta sección separa a Pensilvania da Virxinia Occidental, e posúe apenas algúns quilómetros de lonxitude -apenas 2,9 na parte máis estreita. Caracterizado polo seu terreo montañoso, accidentado, e polos seus bosques, que ocupan máis de 70 % da rexión. A Blue Ridge, que se estende desde Xeorxia ata a Pensilvania, pasa por Maryland, localízase inmediatamente ao leste do Val do Apalache. A Blue Ridge posúe apenas algúns quilómetros de lonxitude. Caracterízase polas as súas altas montañas (a rexión posúe unha media de 600 metros de altitude) e pola néboa azul que por veces cobre a rexión. O Piemonte, que se estende desde Alabama ata a Nova Jersey, forma en Maryland unha faixa de 80 quilómetros de lonxitude, que se estende ata as proximidades da baía de Chesapeake. O Piemonte efectivamente cerca ao norte e ao sur a baía. Caracterízase polo seu solo extremadamente fértil: a maior parte da produción agrícola do estado procede desta rexión. 250px|dereita|miniatura|Mapa político de Maryland e os seus 23 condados. As Planicies do Atlántico, que ocupan aproximadamente o 45% do estado, localízanse no leste e no extremo sur de Maryland. Caracterízase pola súa baixa altitude e polos seus pantanos, localizados primariamente á leste da baía.

Clima Maryland posúe un clima temperado. Para un estado relativamente pequeno como é, a temperatura e a precipitación media anual varían moito de rexión a rexión. Maryland, grazas á súa proximidade co océano Atlántico, posúe invernos relativamente agradables e veráns quentes. A temperatura media no inverno é de 1 °C en Baltimore e de -3 °C no extremo noroeste do estado, con mínimas entre -16 °C e 10 °C, e máximas entre -12 °C e 17 °C. No verán, a temperatura media é de 27 °C en Baltimore e de 22 °C no extremo noroeste, con mínimas de ata 13 °C, e máximas de ata 38 °C.

A temperatura máis baixa rexistrada foi en Oakland, onde se deu unha mínima de -40 °C o 13 de xaneiro de 1912. A temperatura máis alta foi no Condado de Allegany, o 3 de xullo de 1898, e en Cumberland o 10 de xullo de 1936, cando foron rexistradas máximas de 43 °C.

Maryland recibe en media preto de 1.090 mm de precipitación anual (choiva, saraiba), e preto de 1.980 mm de neve por ano.

Historia Ata 1775 Nativos indíxenas algonquinos vivían na rexión hai aproximadamente dez mil anos antes da chegada dos primeiros europeos á rexión que constitúe actualmente o estado de Maryland. O primeiro europeo a explorar a rexión foi o español Pedro Menéndez de Avilés, entón gobernador da colonia española de Florida, tendo explorado o que actualmente é a Baía de Chesapeake, actualmente parte de Maryland, en 1572. O primeiro posto comercial foi fundado en 1631 polo comerciante británico Willian Claiborne, de Virxinia. miniatura|Moeda de prata colonial co busto de Cæciclius Calvert no anverso."1 Penny - Lord Baltimore “ Denarium”". Numista.com En 1631, George Calvert, un nobre británico, pediu á coroa británica o dereito de propiedade e goberno da rexión da baía de Chesapeake. Calvert era un nobre católico, e quería unha colonia nas Américas onde británicos católicos, que eran altamente discriminados polos británicos en xeral (que son na súa maioría protestantes), puidesen practicar a súa relixión. A súa petición foi aceptada polo Rei Carlos I de Inglaterra no ano seguinte. Porén, George Calvert morrería en abril do mesmo ano. Carlos I cedeu entón ao fillo de George Calvert, Cæcilius Calvert, a rexión. Cæcilius enviou os primeiros colonos á colonia provincial de Maryland, que desembarcaron na rexión en 1634.

Cæcilius era un católico, mais estaba obrigado a obedecer aos costumes da Igrexa Anglicana de Inglaterra. Porén, el quería que católicos británicos tivesen un lugar onde puidesen gozar de liberdade relixiosa. Cæcilius fixo do seu irmán Leonard o gobernador da colonia. Ao mesmo tempo, incentivaba os colonos a suxeriren leis e auxiliar a Leonard na administración da colonia. En 1649, a Asemblea Colonial aprobou unha lei garantindo a todos os cidadáns da provincia o dereito de liberdade relixiosa, atraendo numerosos católicos doutras provincias americanas, en especial de Virxinia.

Willian Claiborne e o seu asentamento comercial formaban parte da colonia. Porén, Claiborne, un protestante, recusouse a recoñecer a autoridade dos Calvert sobre a rexión. En 1654 liderou un grupo de protestantes que forzaron os Calvert a saír do goberno e así conseguiu controlar Maryland ata 1658, cando a coroa británica o forzou a ceder o goberno novamente aos Calvert. Cæcilius fixo presión ante a Asemblea Colonial a manter a lei que permitía a liberdade relixiosa na colonia, e foi escoitado. Porén, grupos protestantes non aceptaban un líder católico. En 1689, novamente os Calvert perderon a pose da rexión, desta vez, a favor dun grupo protestante chamado The Protestant Asociation, que esixiu ao goberno británico un novo gobernador, protestante, que foi enviado á rexión en 1691. Practicamente todas as igrexas católicas na provincia foron queimadas polos protestantes, desde a primeira revolución liderada por Claiborne.

Os Calvert gañaron novamente a posesión da rexión en 1715, que pasou a ser gobernada por Benedict Leonard Calvert, un protestante. Os católicos da provincia perderían o dereito a voto en 1718 e os Calvert continuarían a gobernar Maryland ata o inicio da Revolución Americana de 1776. A poboación da colonia inglesa pasou a crecer drasticamente despois da década de 1750, coa prosperidade da industria do tabaco.

1775 - 1900 Maryland participou activamente ao longo da Revolución Americana de 1776. Oficiais da colonia atenderon á todas as Conferencias Continentais. Tropas de Maryland loitaron activamente ao longo da guerra de independencia, e Baltimore desempeñou papel esencial ao longo da guerra, como un polo industrial e fabricante de armas e subministracións. Poucas batallas ocorreron no estado, mais a braveza dos soldados de Maryland fixeron que George Washington eloxiase constantemente as tropas de Maryland que loitaron ao longo da guerra contra os británicos. Maryland ratificou a Constitución Americana en 28 de abril de 1788, tornándose así o oitavo Estado a entrar na Unión. En 1791, un pedazo rectangular de terra ao sueste do estado foi cedida ao goberno para a construción da nova e actual capital americana, Washington, D.C..

Maryland foi atacada dúas veces por tropas británicas durante a Guerra de 1812. Na primeira, os británicos, derrotaron en 1813 unha forza americana no norte do estado, para posteriormente proseguir en dirección á capital Washington DC, onde as tropas británicas queimaron diversas estruturas gobernamentais americanas. Estas mesmas tropas británicas proseguiron en dirección a Baltimore, que foi cercada por terra e mar por forzas terrestres e navais británicas. Mais os americanos defenderon con éxito a cidade. Francis Scott Key, un poeta afeccionado que testemuñara a defensa da cidade, inspirouse nas imaxes da batalla para escribir o actual himno americano, The Star-Spangled Banner.

Baltimore tornouse un dos maiores centros industriais do país durante as primeiras décadas do século XIX. A cidade converteuse no maior fabricante de navíos durante a década de 1840 nos Estados Unidos, e tamén nun gran fabricante de trens a vapor. Foi aquí onde foi construída a primeira locomotora a vapor americana. Porén, a economía do Estado aínda dependía en parte da agricultura. Maryland soportaba a práctica do traballo escravo.

Cando en 1861 comezou a Guerra civil americana, a poboación do estado estaba dividida. Moitos querían a secesión da Unión e a integración cos recentemente formados Estados Confederados de América -de cuño escravista-. Outros, pola súa parte, querían que o estado permanecese na Unión- os Estados do norte industrializado dos Estados Unidos, ou os Estados Unidos propiamente dito-, que estaban contra a escravitude.

A Unión non perdeu tempo esperando se Maryland continuaba na Unión ou pasaba á Confederación. Isto porque o estado de Virxinia foi un dos estados que se separaron dos Estados Unidos. Se Maryland se separaba tamén, a capital americana, Washington DC, localizada entre Maryland e Virxinia, estaría completamente cercada pola Confederación, polo que as tropas da Unión invadiron Maryland tras o inicio da guerra, e o Estado participou ao longo da Guerra Civil Americana como un estado do norte. Moitas persoas do estado loitaron do lado da Unión pero moitos outros fuxiron e xuntáronse ás tropas da Confederación. O Estado foi escenario de numerosas batallas, tales como a Batalla de Antietam, onde morreron nun único día máis de 22.000 soldados (doce mil do Norte e dez mil do Sur). En 1864, Maryland aprobou unha nova Constitución que abolía a escravitude e adoptaba penas severas aos cidadáns que axudasen a Confederación.

1900 - Tempos actuais Maryland prosperou economicamente durante as primeiras décadas do século XX, especialmente nos anos da primeira guerra mundial. Baltimore, daquela a maior fabricante de navíos militares dos Estados Unidos, converteuse nun gran centro portuario coa construción de diversas fábricas na cidade.

En 1919, o Congreso americano aprobou unha lei que prohibía a produción, venda, compra e transporte de bebidas alcohólicas. A maioría da poboación do estado estaba contra esta medida, e varios líderes políticos destacaron como críticos e opoñentes desta lei, considerada unha violación dos seus dereitos estatais. Como consecuencia, o estado pasou a ser coñecido como The Free State ("O Estado Libre"), e este cognome é usado aínda actualmente, como unha homenaxe ás tradicións de liberdade política e relixiosa do Estado.