Manuel Carballido García, nado en Santiago de Compostela en 1858 e finado en Padrón en 1935, foi un médico e xornalista galego.

Traxectoria Licenciado en Medicina, foi profesor axudante da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Estivo relacionado con Roberto Nóvoa. Exerceu como médico en Padrón."Un monumento homenajea a los médicos de cabecera y una placa, a los facultativos del municipio" La Voz de Galicia, 14/4/2007 . Foi o primeiro director da revista Café con Gotas.Santos Zas (1911): Café con gotas: semanario satírico ilustrado, 1886-1892 p. XIII-XXIII.

Segundo Alberto Vilanova,Vilanova, A. (1953). Vida y obra de Manuel Curros Enríquez. Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires. 348, n. 215. foi médico de cabeceira da escritora Rosalía de Castro, á que asistiu na súa enfermidade ata os seus últimos momentos.Citado por:

En 1916 foi testemuña do nacemento de Camilo José Cela."Acta de inscripción de nacimiento de Camilo José Cela Trulock"

Notas

Véxase tamén Bibliografía Santos Zas, Margarita (1911). Café con gotas: semanario satírico ilustrado, 1886-1892 Grupo de Investigación Valle-Inclán. USC.

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela