miniatura|Mapa do cromosoma 1|125px|dereita O cromosoma 1 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. É o máis longo do noso cariotipo. Nas nosas células diploides temos dúas copias deste cromosoma (un par) e nas haploides unha, igual que ocorre cos outros autosomas. Pola posición do seu centrómero é un cromosoma metacéntrico. O cromosoma 1 comprende 249 millóns de pares de bases de nucleótidos,http://vega.sanger.ac.uk/Homo_sapiens/mapview?chr=1 Chromosome size and number of genes derived from this database, retrieved 2012-03-11. o que representa arredor do 8% do total de ADN dunha célula humana.
A identificación de xenes é unha activa área de investigación na que se usan diferentes métodos, que poden dar lugar a estimacións de números totais de xenes algo diferentes. Actualmente estímase que o cromosoma 1 ten 4.316 xenes, o que supera as predicións anteriores baseadas no seu tamaño. Foi o último cromosoma en completar a súa secuenciación, rematada dúas décadas despois de comezado o Proxecto Xenoma Humano.
Xenes Os seguintes son algúns dos xenes situados nos dous brazos do cromosoma 1:
Brazo p ACADM: acil-Coencima A deshidroxenase, cadea recta C-4 a C-12 COL11A1: coláxeno, tipo XI, alfa 1 CPT2: carnitina palmitoiltransferase II DBT: dihidrolipoamida cadea ramificada transacilase E2 DIRAS3: familia DIRAS, similar a RAS de unión ao GTP 3 ESPN: espín (xordeira autosómica recesiva 36) GALE: UDP-galactosa-4-epimerase GJB3: proteína da unión comunicante, beta 3, 31kDa (conexina 31) HMGCL: 3-hidroximetil-3-metilglutaril-Coencima A liase (hidroximetilglutaricaciduria) KCNQ4: canle de potasio dependente de voltaxe, subfamilia similar a KQT, membro 4 KIF1B: membro 1B da familia da cinesina MFN2: mitofusina 2 MTHFR: 5,10-metilenotetrahidrofolato redutase (NADPH) MUTYH: homólogo de mutY (E. coli) NGF: factor de crecemento dos nervios PARK7: enfermidade de Parkinson (autosómica recesiva, de comezo temperán) 7 PINK1: suposta quinase 1 inducida por PTEN PLOD1: procoláxeno-lisina 1, 2-oxoglutarato 5-dioxixenase 1 TSHB: hormona estimulante da tiroide, beta UROD: uroporfirinóxeno descarboxilase (o xene causante da porfiria cutánea tarda)
Brazo q ASPM: determinante do tamaño do cerebro F5: factor V de coagulación (proacelerina, factor lábil) FMO3: monooxixenase 3 que contén flavina GBA: glicosidase, beta; ácido (inclúe glicosilceramidase) (xene causante da enfermidade de Gaucher) GLC1A: xene causante do glaucoma HFE2: hemocromatose tipo 2 (xuvenil) HPC1: xene causante de cáncer de próstata IRF6: xene causante da formación de tecido conectivo LMNA: lamina A/C MPZ: proteína cero da mielina (neuropatía de Charcot-Marie-Tooth 1B) MTR: 5-metiltetrahidrofolato-homocisteína metiltransferase PPOX: protoporfirinóxeno oxidase PSEN2: presenilina 2 (enfermidade de Alzheimer 4) SDHB: complexo da succinato deshidroxenase subunidade B TNNT2: troponina cardíaca T2 USH2A: síndrome de Usher 2A (autosómica recesiva, suave)
Enfermidades asociadas Coñécense 890 enfermidades asociadas con este cromosoma. Algunhas son a xordeira, enfermidade de Alzheimer, glaucoma e cancro de mama. Os rearranxos e mutacións no cromosoma 1 son frecuentes en cancros e outras enfermidades. Os patróns de variación de secuencia revelan signos dunha selección recente en xenes específicos que poden contribuír á adaptacións humanas, e tamén outras nas que non se ve unha función evidente. As seguintes enfermidades son algunhas das máis importantes asociadas co cromosoma 1: síndrome da deleción 1q21.1 síndrome da duplicación 1q21.1 enfermidade de Alzheimer enfermidade de Alzheimer, tipo 4 cancro de mama enfermidade de Brooke Greenberg (síndrome X) deficiencia en carnitina palmitoíltransferase II enfermidade de Charcot–Marie–Tooth, tipos 1 e 2 colaxenopatía, tipos II e XI hipotiroidismo conxénito xordeira, xordeira autosómica recesiva 36 síndrome de Ehlers-Danlos síndrome de Ehlers-Danlos, tipo cifoscoliose trombofilia do factor V Leiden polipose adenomatosa familiar galactosemia enfermidade de Gaucher enfermidade de Gaucher tipo 1 enfermidade de Gaucher tipo 2 enfermidade de Gaucher tipo 3 enfermidade similar á de Gaucher distrofia corneal similar á gota xelatinosa glaucoma hemocromatose hemocromatose, tipo 2 porfiria hepatoeritropoiética homocistinuria síndrome de proxeria de Hutchinson Gilford deficiencia de 3-hidroxi-3-metilglutaril-CoA liase cardiopatía hipertrófica, mutacións autosómicas dominantes do TNNT2; hipertrofia xeralmente suave; pode estar presente un fenotipo restritivo; alto risco de morte cardíaca súbita enfermidade urinaria do xarope de pradairo deficiencia na cadea media da acil-coencima A deshidroxenase microcefalia síndrome de Muckle-Wells xordeira non sindromática xordeira non sindromática, autosómica dominante xordeira non sindromática, autosómica recesiva oligodendroglioma enfermidade de Parkinson feocromocitoma porfiria porfiria cutánea tarda síndrome pterigo popliteo cáncer de próstata síndrome de Stickler síndrome de Stickler, COL11A1 síndrome TAR trimetilaminuria síndrome de Usher síndrome de Usher tipo II síndrome de Van der Woude porfiria variegada
Trastornos cromosómicos Os principais trastornos debidos a cambios na estrutura ou número de copias do cromosoma 1 son:
Síndrome da deleción 1p36. É unha deleción dunha rexión do brazo curto. Orixina atraso mental, anormalidades corporais e características faciais. Neuroblastoma. Asociada tamén coa deleción 1p36. É un tipo de tumor de neuroblastos (células nerviosas inmaturas). Orixínase por mutacións somáticas (non conxénitas). A rexión delecionada debe incluír un xene supresor de tumores. Síndrome TAR (thrombocytopenia-absent radius). Causada pola deleción 1q21.1, rexión que contén 11 xenes. Orixina hemorraxias. Pero non toda a xente con esta deleción desenvolve a síndrome, polo que debe estar implicado tamén algún outro cambio xenético. Outros cancros de orixe somática (non conxénita) están asociados con delecións ou duplicacións no cromosoma 1, como tumores de cerebro, ou a síndrome mielodisplástica (anemia, risco de leucemia). Outros cambios no cromosoma 1 poden ser a trisomía parcial 1p ou 1q, a monosomía parcial 1p ou 1q, ou o cromosoma 1 anular.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía S. G. Gregory1,2, K. F. Barlow1, K. E. McLay1, R. Kaul3, D. Swarbreck1, A. Dunham1, C. E. Scott1, K. et al. The DNA sequence and biological annotation of human chromosome 1. Nature 441, 315-321 (18 de maio de 2006). doi: 10.1038/nature04727
Ligazóns externas
Reuters Wed, 17 de maio de 2006 Final genome 'chapter' published BBC NEWS De acordo con o cromosoma 1 contén 263 millóns de pares de bases.
Categoría:Cromosomas