O idioma samoano (gagana Samoa) é unha lingua austronesia do grupo malaio-polinesio oriental, orixinaria de Samoa e falada principalmente nese país, na veciña colonia estadounidense de Samoa Americana e en Nova Zelandia.
Clasificación O samoano é unha das linguas polinesias, grupo que teoricamente se orixinou a partir dunha lingua chamada protopolinesio. Crese que esta protolingua xurdiu na área de Fiji, Tonga e Samoa arredor do 1500 a. C. e que un milenio despois ou algo máis tarde deuse a separación entre o prototónguico, lingua nai do tongano e o niuano e o protopolinesio nuclear, orixe á súa vez de todas as demais linguas do grupo. Os falantes destas protolinguas iniciaron a súa expansión cara ao leste desde Tonga e Samoa e alcanzaron primeiro a Polinesia Central (Illas da Sociedade, Illas Cook e as Marquesas); e uns séculos máis tarde continuaron as súas migracións e chegaron finalmente ás illas Hawai, a illa de Pascua e a Nova Zelandia.
De acordo co sistema de clasificación tradicional de linguas polinesias, o samoano forma parte das linguas samoicas que son unha das dúas pólas descendentes do protopolinesio nuclear. Segundo un sistema de clasificación revisado, proposto por Jeff Marck en "Topics in Polynesian language and culture history" (2000), o samoano descende do protoelliseano, que á súa vez sería unha das once ramas do protopolinesio nuclear e incluiría ademais o elliseano exterior e as linguas polinesias orientais.
Entre os cambios de son que presenta o samoano con respecto ás formas reconstruídas do propopolinesio atópanse a neutralización de /ɾ/ e /l/ nun único son /l/ e a mudanza de /k/ pola oclusiva glotal /ʔ/. Pola contra, permaneceu a fricativa /s/ que noutras linguas foi substituída por /h/.
Fonoloxía e escritura Os fonemas do samoano son 16, 5 vogais e 10 consoantes. Escríbese cun alfabeto latino de 16 letras, unha para representar cada fonema: a, f, g, i, l, m, n, o, p, s, t, u, v e ' . Adicionalmente existen as letras h, k e r para escribir préstamos doutras linguas.
As cinco vogais poden ser breves ou longas, no segundo caso márcanse cun macron ( ¯ ). Estas diferenzas de lonxitude vocálica teñen carácter fonético e permiten distinguir palabras.
bilabial labiodental alveolar velar glotal nasal m n ŋ oclusiva p t ʔ fricativa f v s vibrante l
A consoante nasal velar /ŋ/ escríbese cun g e a oclusiva glotal xorda /ʔ/ mediante o símbolo ʻ . As demais letras representan os mesmos valores que teñen no Alfabeto Fonético Internacional.
A formación de sílabas é bastante restritiva pois, como en todas as linguas polinesias, as consoantes só poden estar no principio da sílaba e non poden estar en grupos. As vogais poden ir soas ou acompañadas dunha consoante e outra vogal. Segundo isto, as sílabas posibles son vogal, vogal-vogal, consoante-vogal e consoante-vogal-vogal.
O acento usualmente ponse na penúltima sílaba, aínda que existen varias excepcións: acentúase a última sílaba de palabras terminadas en vogal longa, en ditongo ou cando se desexa salientar un termo. Ademais as palabras compostas reteñen os seus acentos.
Gramática Xénero e número No samoano non existe o xénero gramatical, que é unha división das palabras en clases frecuente en moitos idiomas e que non necesariamente coincide co xénero natural (sexo).
O sexo de persoas, animais e algunhas plantas indícase por medios léxicos, xa sexa usando termos diferentes (tane, "home", fafine, "muller") ou antepoñendo os adxectivos po'a, "macho" e fafine, "femia".
Nos pronomes persoais e posesivos existen tres gradacións de número: singular, dual e plural, que se indican mediante palabras diferentes para cada unha. En cambio, nos substantivos o singular e o plural sinálanse por medio de artigos e outros determinantes e non hai o dual propiamente dito.
Pronomes Os pronomes persoais do samoano teñen tres persoas: primeira, segunda e terceira; tres gradacións de número: singular, dual e plural. Ademais, fai distinción entre primeira persoa inclusivaNa primeira persoa inclusiva singular, o falante expresa a súa implicación emocional na oración. (o oínte forma parte dela) e primeira persoa exclusiva (o oínte non forma parte).
singular dual plural primeira persoa inclusiva: tāexclusiva: a’u , 'ou incl.: tā, tā'uaexcl.: mā, mā'ua incl.: tātouexcl.: mātou segunda persoa ’oe, ’e ’oulua ’outou, tou terceira persoa ia, na lā’ua lātou
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en samoano Bibliografía
Ligazóns externas Dicionario samoano-inglés
Categoría:Linguas polinesias Categoría:Linguas de Nova Zelandia Categoría:Linguas de Samoa Categoría:Linguas da Samoa Americana Categoría:Linguas de Tonga