Shania Twain, nome artístico de Eilleen Regina Edwards, nada o 28 de agosto de 1965 en Timmins, Ontario, é unha cantante e compositora canadense dos estilos country e pop. Traxectoria Twain logrou fama mundial co seu terceiro álbum Come on Over que vendeu 40 millóns de copias en todo o mundo sendo o terceiro disco máis vendido de todos os tempos por unha cantante feminina e o álbum de música country máis vendido da historia.

É a única cantante feminina en ter tres discos de diamante en Estados Unidos, certificados pola RIAA, sendo ademais a segunda cantante canadense con máis discos vendidos, detrás de Céline Dion.

Desde 1995 co lanzamento do seu álbum The Woman in Me, Twain gañouse tanto o recoñecemento da crítica como o das vendas, gañando cinco premios Grammy, 27 premios BMI Songwriter e vendendo máis de 100 millóns de discos en todo o mundo. Deles, 48 millóns en Estados Unidos.

Discografía

Recoñecementos

Notas

Categoría:Músicos do Canadá Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Ontario