miniatura|Igrexa da parroquia de San Vicenzo de Noal, O Porto do Son. A parroquia —do latín eclesiástico parochĭa, e este do grego antigo παροικία paroikía, 'habitar cerca'— é unha división territorial das igrexas cristiás.

En particular, a parroquia encóntrase nas Igrexas Católica, Ortodoxa, Anglicana (Igrexa de Inglaterra), de Escocia, de Suecia, Metodista Unida e Presbiterianas.

O termo parroquia tamén designa á igrexa parroquial e ás comunidade de fieis.

Parroquias na Igrexa Católica Na Igrexa Católica a parroquia é a comunidade de fieis católicos, pertencente a unha Igrexa particular (xeralmente a unha diocese) que está baixo a dirección espiritual dun sacerdote, que se designa como párroco (na linguaxe popular, cura, abade, padre).

En xeral as parroquias defínense por un territorio. É dicir, pertencen á parroquia todos os fieis que habiten dentro dos límites territoriais da parroquia.

Tamén é posíbel establecer parroquias persoais en función do rito, lingua ou nacionalidade dos fieis dun territorio "ou mesmo por outra determinada razón". Así, o canon 813 permite a erección dunha parroquia para estudantes universitarios e algunhas diocese erixiron parroquias para persoas xordas.Reyes Vizcaíno, Pedro María Naturaleza de la parroquia en el derecho canónico.

O canon 374 establece que as parroquias próximas poden agruparse entre si, para formaren os arciprestados.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Codex Iuris Canonici (Código de Dereito Canónico)

Outros artigos Arciprestado Arciprestados de Galicia Parochiale suevorum Parroquia eclesiástica galega Parroquias de Galicia

Categoría:Divisións territoriais católicas Categoría:Terminoloxía relixiosa