200px|miniatura|dereita|Mesquita de Samarra. Al-Mutawakkil Ala Allah Jafar bin al-Mu'tasim, nado en marzo de 821 e finado en decembro de 861, foi o décimo califa abasí, que reinou o seu imperio dende Samarra entre os anos 847 e 861, sucedendo ó seu irmán Al-Wathiq. 300px|miniatura|Califato abasí no ano 850. Apaixonado polas grandes construcións arquitectónicas, converteu á cidade de Samarra nunha das máis monumentais da súa época, construíndo nela 20 palacios.

No tocante á política, arrebatoulle Sicilia ós bizantinos. Dentro dos territorios do califato amosouse tolerante durante os primeiros anos do seu goberno, pero mais adiante marxinou a xiítas, cristiáns e xudeus, mandando ademais destruír igrexas, sinagogas e o importante santuario xiíta de Husayn ibn Ali en Kerbala.

A pesar desas accións, o reinado de al-Mutawakkil recórdase polas súas numerosas reformas, e considérase a época dourada do califato abasí.

Al-Mutawakkil empregou escravos turcos para reprimir revoltas internas e defenderse das invasión externas, e finalmente morreu asasinado por un deses escravos turcos, sospéitase que inducido polo seu propio fillo Al-Muntasir, quen ocupou o trono trala súa morte dende o ano 861.

Véxase tamén Ligazóns externas A Gran Mesquita de Samarra (en inglés) O decreto de 850 de al-Mutawakkil (en inglés)

Categoría:Califas Categoría:Nados en 821 Categoría:Finados en 861