Bentor ou Ventor, mencey de Taoro e fillo de Bencomo (Tenerife, Illas Canarias), un dos últimos reis tribais que se enfrontaron polas armas á conquista de Tenerife por parte de Alonso Fernández de Lugo, o adiantado dos Reis Católicos nas illas. Naceu arredor do ano 1463 e morreu trala segunda batalla de Acentejo, en decembro de 1494. Suicidouse seguindo o ritual guanche, botándose pola ladeira de Tigaiga. Coa súa morte deuse por finalizada a conquista das Illas Canarias.

Antroponimia Tamén aparece rexistrado como Ventor, Bentore o Bentorey. O historiador Juan Bethencourt Alfonso recólleo como Benytomo. Porén, esta era a grafía orixinal do nome Bencomo, conforme figura en documentos daqueles tempos.

Segundo o filólogo Ignacio Reyes, o nome pode traducirse por 'o que se botou polo barranco'.

Traxectoria Familia Bentor foi fillo de Bencomo. Conforme os documentos da época, sábese que tivo, polo menos, dous fillos: un varón que foi convertido en escravo e unha muller que o tentou liberar, aínda que non se conservan os seus nomes. Algunhas investigacións suxiren que Ana Gutiérrez, avoa de Antón de Mena Benchorhe e Ana Bentor de Mena, puido ser filla do último mencey de Taoro.

Conquista castelá Bentor participou, xunto co seu pai, Bencomo, nos enfrontamentos que tiveron lugar durante a conquista da illa.

Na segunda gran batalla, coñecida como Batalla de Aguere, morre o mencey Bencomo. Bentor é elixido polos guanches de Taoro como sucesor contra novembro de 1495. Encárgase tamén de liderar os bandos de guerra.

Pouco despois da batalla, o capitán castelán Alonso Fernández de Lugo enviou a Fernando Guanarteme, antigo mencey de Gáldar, a negociar con Bentor, mais este negouse a entregarlle o territorio, como se pode ler en documentos da época:

En decembro dese ano, Bentor dirixiu as tropas na que sería a segunda gran derrota dos guanches, a Segunda Batalla de Acentejo. Bentor e os superviventes refuxiáronse nos altos da aba de Tigaiga. Alí, o mencey quitouse a vida botándose do barranco a finais dese ano ou principios de 1496.

As consecuencias inmediatas da súa morte foron o derrubamento da resistencia guanche e a rendición dos menceyes superviventes, no acto coñecido como Paz de Los Realejos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mencey Tenesor Semidán Bentejuí

Categoría:Conquista das Illas Canarias Categoría:Menceyes Categoría:Nados en 1463 Categoría:Finados en 1494 Categoría:Nados nas Canarias