Este artigo trata sobre un animal, para o personaxe de debuxos animados véxase: Wile E. Coyote and The Road Runner.
miniatura|217px|Coiote nas montañas de California. O coiote ou lobo das pradarías (Canis latrans, que significa "can ladrador") é un membro da familia Canidae, emparentado co can doméstico. Os coiotes só se atopan en América do Norte e América Central; dende o Canadá até Costa Rica. O seu nome vén da palabra náhuatl cóyotl (AFI /ˈkojo:tɬ/). Aínda que ás veces se reúnen en mandas, son xeralmente solitarios. Viven unha media duns 6 anos. Recentemente, descubríronse mandas de coiotes nas montañas centrais do Panamá, o que fai pensar nunha migración cara ao sur deste mamífero.
A pesar de ter sido intensamente cazados, os coiotes son uns dos poucos animais grandes que ampliaron o seu hábitat desde a conquista de América polos europeos. Ocuparon áreas en Norteamérica previamente habitadas polos lobos, e adaptáronse ao consumo de lixo e de animais domésticos.
O coiote mide menos de 60 cm de altura, e a súa cor varía desde a gris até a canela, ás veces cun cariz arroibado. As orellas e o fociño do coiote parecen grandes en relación ao tamaño da súa cabeza. Pesa entre 10 e 25 kg, promediando 15. Pode ser identificado polo seu rabo espeso e ancho que, a miúdo, leva case a rente do chan. Polo seu aspecto esvelto pódese distinguir do seu parente maior, o lobo gris, que pode pesar de 35 a 70 kg. O coiote é un animal moi fraco, e pode parecer desnutrido a primeira vista aínda que goce de boa saúde.
Comportamento
Os coiotes son moi adaptables. O seu comportamento pode variar moito segundo o seu hábitat, pero en xeral viven e cazan ou sós ou en parellas monógamas, buscando mamíferos pequenos, especialmente musarañas, toupas e coellos; así como pequenos insectos. É omnívoro, e adapta a súa dieta ás fontes dispoñibles, incluíndo froitas, herbas e outros vexetais. No parque nacional de Yellowstone, antes da reintrodución do lobo, comezaron a ocupar o nicho ecolóxico deste, cazando en canineas para derribar presas de caza maior.
Os coiotes emparéllanse de por vida. O apareamento ten lugar arredor do mes de febreiro, e nacen camadas de 4 a 6 cachorros sobre a finais de abril ou comezos de maio. Ambos os pais —e en ocasións os exemplares xuvenís, nacidos o ano anterior, que aínda non abandonaron a guarida paterna— axudan a alimentar os cachorros. Ás tres semanas de idade estes saen da guarida baixo vixilancia paternal; e cando alcanzan oito a doce semanas de idade, seus pais ensínanlle a cazar. As familias permanecen xuntas ao longo do verán, e os novos parten para buscar os seus propios territorios polo outono. Acostuman trasladarse a unhas dez millas de distancia. Os novos maduran sexualmente ao ano de idade.
É moito máis común oír un coiote que velo. As chamadas que os coiotes fan son agudas; e pódenselle chamar ouveos ou ladridos. Estas chamadas poden ser ou unha nota longa que sobe e baixa ou unha serie de notas curtas. Estas chamadas óense polo xeral no crepúsculo ou pola noite, e con menos frecuencia durante o día.
Aínda que as chamadas se realizan todo o ano, son máis comúns durante a estación de emparellamento da primavera e durante o outono, cando os cachorros abandonan as súas familias para establecer territorios novos. O ouveo é enganoso; debido ás características do son na distancia, pois pode parecer que o coiote está nun lugar, cando realmente se encontra noutra parte.
Subespecies Describíronse as seguintes subespecies: Canis latrans latrans Canis latrans cagottis Canis latrans clepticus Canis latrans dickeye Canis latrans frustror Canis latrans goldmani Canis latrans hondurensis Canis latrans impavidus Canis latrans incolatus Canis latrans jamesi Canis latrans lestes Canis latrans mearnsi Canis latrans microdon Canis latrans ochropus Canis latrans peninsulae Canis latrans texensis Canis latrans thamnos Canis latrans umpquensis Canis latrans vigilis
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Raposo Chacal
Categoría:Cánidos