Sakae Osugi (en xaponés 大杉 栄,Ōsugi Sakae), nado en Marugame (Kagawa) o 17 de xaneiro de 1885 e finado en Tokyo o 16 de setembro de 1923, foi un anarquista e activista xaponés.

Traxectoria En 1902, estudou literatura en Tokyo e comezou a mostrar interese polo cristianismo e o socialismo. Sakae Osugi traduciu moitos autores anarquistas occidentais ó xaponés e participou no desenvolvemento do esperanto.

Estivo no cárcere en varias ocasións. En 1923, foi executado sumariamente xunto co seu sobriño e con Noe Ito pola policía militar xaponesa durante o "Incidente de Akamasu", tralo Gran terremoto de Kantō.

Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Anarquismo

Ligazóns externas O movemento anarquista no Xapón (inclúese información de Sakae Ōsugi) Sakae Ōsugi en Aozora Comparación entre Osugi e Bakunin

Categoría:Anarquistas do Xapón Categoría:Esperantistas Categoría:Personalidades do Xapón Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Nados na prefectura de Kagawa