O río Dubra é un afluente do Tambre pola súa banda dereita. Nace nos montes do Castelo, na parroquia de Anxeriz (concello de Tordoia). Segue un curso xeral na dirección norte-sur ó longo da Depresión Meridiana, e desemboca en Portomouro tras percorrer 18,8 km.
Toponimia Pode vir do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo.Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega. Tería mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses (Dover), irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren).Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ríos de Galicia Val do Dubra Dubra
Categoría:Afluentes do Tambre Categoría:Ríos de Galicia sen imaxes Categoría:Ríos da provincia da Coruña Categoría:Topónimos de ríos galegos con etimoloxía