Juan Novás Guillán, nado no Grove o 28 de abril de 1880 e finado en Pontevedra o 26 de abril de 1967, foi un mestre e pedagogo galego.
Traxectoria Mestre no Grove, colaborou en Faro de Vigo. Foi presidente da Asociación Protectora del Obrero e membro do padroado do Museo Provincial de Pontevedra dende 1930. Dedicouse ao estudo da historia e da arte. Amigo de Xosé Filgueira Valverde, foi militante do Partido Galeguista que logo abandonou con el para entrar na Dereita Galeguista e despois afiliarse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Foi o primeiro secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio de Pontevedra, posto no que permaneceu até marzo de 1937.Xosé Álvarez Castro. "Comisión depuradora do maxisterio (1)" Pontevedra nos anos do medo. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Pontevedra miniatura|300px|Membros do SEG en 1928: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo, Xesús Carro, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás. Publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909) e dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936). Foi inspector de ensino primario (1944) e cronista oficial da cidade de Pontevedra (1960-1967). Colaborou en Spes. Revista mensual. Órgano de la Juventud Católica de Pontevedra. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Galega da Historia.
Finou en Pontevedra o 26 de abril de 1967."Ha muerto don Juan Novas Guilán, Faro de Vigo, 28-4-1967, p. 14.
Recoñecementos Recibiu a Cruz de Afonso X O Sabio.
Vida persoal Casou con María Viñas del Monte, da que enviuvou, para volver casar cunha compañeira da inspección, María Cruz Pérez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Pequena biografía
Categoría:Profesores Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Cronistas de Pontevedra Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1967