Felis é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, e tribo dos felininos.
Son gatos de pequeno a mediano tamaño propios da maior parte de África, ao sur dos 60° de latitude, e de Europa e Asia en Indochina. O xénero inclúe o gato doméstico. A especie de Felis máis pequena é o gato de patas negras, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 38 a 42 cm. O maior é o gato da xungla, cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.
Xeneralidades Trátase de gatos de pequeno ou mediano tamaño, con longas colas, adaptados á caza de pequenos animais, como roedores, pequenas aves e lagartos, dependendo das zonas onde viven, que son propios da maior parte de África e, ao sur dos 60° de latitude, de Europa e Asia até Indochina.
Tradicionalmente o xénero incluía a todas as especies dos felinos viventes, pero na actualidade restrínxese a cinco especies (ou sete, sugundo os autores), entre as que se inclúe o gato montés (Felis silvestris), que habita gran parte de Eurasia e África. O coñecido como gato doméstico (Felis silvestris catus) é unha subespecie desta última. A introdución polo home deste gato fixo que sexa común nas paisaxes urbanas de todo o mundo.
A especie máis pequena do xénero Felis é o gato de patas negras (Felis nogripes), que mide de 38 a 42 cm de lonxitude de cabeza e tronco, e a máis grande é o gato da xungla (Felis chaus), cunha lonxitude de cabeza e tronco de 62 a 76 cm.
As especies de Felis viven nunha ampla gama de hábitats diferentes, desde pantanos até desertos.
Estudos xenéticos recentes indican que dúas especies até hai pouco incluídas no xénero Felis, Otocolobus e Prionailurus, diverxeron do seu antepasado eurasiático hai ao redor de 6,2 millóns de anos, e que o xénero Felis separouse hai de 3,04 a 0,99 millóns de anos.
Taxonomía Descrición O xénero Felis foi descrito en 1758 por Linnaeus, no volume 1, páxina 41, da 10ª edición do seu Systema Naturae.Felis Linnaeus, 1758 en MSW.Felis Linnaeus, 1758 no ITIS.
Etimoloxía O nome científico do xénero, Felis, tomouno Linneo do latín fēlis, -is, 'gato'.
Sinónimos Ademais de polo nome linneano, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:
Avitofelis Kretzoi, 1930 Catolynx Severtzov, 1858 Catus Frisch, 1775 Chaus Gray, 1843 Eremaelurus Ognev, 1927 Mamfelisus Herrera, 1899 Microfelis Roberts, 1926 Otailurus Severtzov, 1858 Otocolobus Brandt, 1842 Poliailurus Lönnberg, 1925 Trichaelurus Satunin, 1905
Especies Na actualidade a maioría dos autores recoñece as seguintes sete especies no xénero: Felis bieti Milne-Edwards, 1892 – Gato montés chinés, gato chinés do deserto, ou gato de Biet Felis catus Linnaeus, 1758 – Gato doméstico (véxase máis abaixo) Felis chaus Schreber, 1777 – Gato a xungla Felis manul Pallas, 1776 Felis margarita Loche, 1858 – Gato do deserto Felis nigripes Burchell, 1824 – Gato de patas negras Felis silvestris Schreber, 1777 - Gato montés eurasiático
Porén, a UICN consideres a Felis catus como unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus).Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus na Lista vermella da UICN. Versión do 2010.4</ref>
Por outra parte, investigacións recentes demostraron que Felis manul, estreitamente relacionado cos xéneros Felis e Prionailurus, debía reclasificarse no abandonado antigo xénero Otocolobus, como Otocolobus manul.
A discutida taxonomía de Felis sivestris A taxonomía desta especie aínda é moi discutida. Por exemplo, segundo os autores, o gato doméstico e o gato de Biet poden ser subespecies de Felis silvestris ou seren especies separadas.
A especie Felis silvestris incluso pode comprender até vinte subespecies,Driscoll, Carlos A. et al. (2007): "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science, vol. 317, pp. 519-523. mentres que outros autores non recoñecen máis que dúas subespecie salvaxes (Felis silvestris silvestris e Felis silvestris lybica).Jean Etienne, "Le chat domestique à l'origine de la civilisation ?, páx. 3, 28/12/2007, en futura sciences.
Porén, un estudo publicado en 2007 postula a reagrupación destas múltiplas divisións en seis subespecies ben diferenciadas.Carlos A. Driscoll et al. "The Near Eastern Origin of Cat Domestication", Science Resume.
Na actualidade, son recoñecidas por diversas organizacións científicas, tales como a UICN ou o NCBI, as seguintes subespecies: Felis silvestris lybica Forster, 1780 (África do Norte, Medio Oriente e Asia Occidental, até o mar de Aral). Felis silvestris cafra Desmarest, 1822 (África austral – algún s autores considérana como unha especia á parte). Felis silvestris ornata Gray, 1830 (Paquistán, nordeste da India, Mongolia e norte da China). Felis silvestris bieti Milne-Edwards, 1872 (China). Felis silvestris silvestris Schreber, 1775 (Europa e Turquía). Felis silvestris catus Linnaeus, 1758.
Porén, o status de certas subespecies aínda está a debate, particularmente para Felis silvestris bieti, para a que se deben realizar estudos adicionais (especialmente estudos xenéticos). Felis silvestris lybica tamén se considera por moitos monofilética con Felis silvestris catus. Esta última, o gato doméstico, así mesmo adoita ser marxinada, quizais porque non é unha subespecie natural, pero deben terse en conta os fenómenos de hibridación, introgresión e contaminación xenética para o progreso da xenómica destas especies.
Linneo consideraba que Felis comprendía todas as especies de gatos. Taxonomistas posteriores dividiron a familia dos félidos en diferentes xéneros. En 1917 o zoólogo briánico Reginald Innes Pocock revisou o xénero Felis que, segundo este autor, comprende unicamente:
{| class="wikitable" |- ! Imaxe !! Nome !! Distribución |- |120px || Gato doméstico F. silvestris catus (Linnaeus, 1758) || Todo o mundo (domesticado) |- |120px || Gato da xungla F. chaus (Güldenstädt, 1776)<ref>Güldenstädt, J. A. (1776): "Chaus – Animal feli adfine descriptum". Novi Commentarii Academiae Scientiarum Imperialis Petropolitanae, Vol 20: 483–500.Sanderson, J. (2009): "A Matter of Very Little Moment? The mystery of who first described the jungle cat". Feline Conservation Federation Volume 53, Issue 1 (January/February 2009): 12–18. ||Exipto, Oriente Medio, Subcontinete Indio, Asia Central e Sueste Asiático, Sri Lanka e sur da China |- |120px || Gato montés F. silvestris <small>(Schreber, 1777) || Europa |- |120px || Gato montés africano F. silvestris lybica (Forster, 1780) || África, Asia Central até a India, oeste da China e Mongolia |- |120px || Gato de patas negras F. nigripes (Burchell, 1824) || Suráfrica, Namibia, marginalmente en Zimbabue |- |120px || Gato das areas F. margarita (Loche, 1858) || Norte de África e Asia central e suroccidental |- |120px || Gato montés chinés F. bieti (Milne-Edwards, 1892) || Meseta tibetana
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-6030-1019-0. Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7. Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7. Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-0356-0453-2. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, USA e Londres, Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference'' 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Carnívoros Feliformes Félidos Felinos Felininos
Ligazóns externas Felis. Small cats na ADW . Felis Linnaeus 1758 na EOL . Felis Linnaeus 1758 (cat) en Fossilworks . Filoxenia dos felinos modernos . Felis en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico .
Categoría:Felis Categoría:Taxons descritos por Linné