Os Helsingin Jokerit, ou sinxelamente Jokerit, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Helsinqui, Uusimaa (Finlandia). Competiu de xeito ininterrompido na SM-liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés dende 1989 ata 2014, competición que gañou en seis ocasións (cinco dende que adoptou a denominación actual). Entre 2014 e 2022 competiu na Kontinental Hockey League (KHL), sendo o primeiro equipo nórdico en disputar a competición. Dende a tempada 2023-24 compite na liga Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia, e xoga os seus partidos como local principalmente no Veikkaus Arena, pavillón con capacidade para 13 349 persoas, aínda que tamén disputa algúns partidos no Helsingin jäähalli, con capacidade para 8 200 persoas.

Historia

Fundación 280px|miniatura|Os xogadores da sección de hóckey sobre veo do Töölön Vesa Veikko Haapakoski, Pentti Simola e Kai Halimo no período 1955-1964. O Jokerit de Helsinqui foi fundado o 10 de outubro de 1967, cando se celebrou a xunta constitutiva do club na que o empresario da construción Aimo Mäkinen e os pintores Eino Syrjänen e Reino Vilen asinaron a carta fundación. O novo equipo naceu sobre a base do Töölön Vesa, un club polideportivo que xa existía na capital finlandesa que debido ás dificultades económicas tivo que suprimir a súa sección de hóckey sobre xeo. Segundo as mesmas novas, Mäkinen mercou o club, asumiu a súa débeda e todos os xogadores do Vesa, liderados polo xogador estrela Timo Turunen foron traspasados a Jokerit. O primeiro partido do novo equipo tivo lugar o 10 de novembro, cando se enfrontaron a Upon Pallo da máxima categoría nun encontro de adestramento, que se saldou coa vitoria de Jokerit (4-3) ante case 700 persoas.

O público en xeral non coñeceu a nova da fundación do novo equipo ata o 6 de novembro dese mesmo ano, cando o xornal en lingua sueca Nya Pressen publicou a primeira noticia sobre o novo equipo de hóckey sobre xeo. Segundo Seppo Aalto, quen escribiu a historia do club, é algo irónico que as novas sobre Jokerit apareceran precisamente ese día, o "día de Suecia" nun xornal en sueco, xa que o tema lingüístico ten sido motivo de controversia no hóckey sobre xeo da capital finlandesa.

Nova etapa na KHL miniatura|Jokerit durante un partido da KHL no Hartwall Arena fronte ao Slovan Bratislava en novembro de 2014. O 28 de xuño de 2013, Harry Harkimo convocou unha rolda de prensa na que comunicou que vendera o Hartwall Areena, o pavillón onde o equipo xoga os seus partidos como local, ao empresario ruso-finlandés Gennady Timchenko (presidente do SKA San Petersburgo), Arkady Rotenberg (presidente do HC Dynamo Moscova) e Boris Rotenberg (copropietario do SKA), xunto cunha opción para comprar unha parte do equipo logo da tempada 2013-14 . Timchenko, xunto cos Rotenberg, teñen dobre nacionalidade rusa e finlandesa. Tamén anunciouse que o club deixaría a SM-liiga despois da tempada 2013-14 e comezaría a tempada 2014-15 da Kontinental Hockey League (KHL). Harkimo seguiría a ser o propietario maioritario e xerente do equipo, mentres que Jari Kurri foi nomeado novo director xeral.

Deste xeito, o Jokerit convertíase no 29º equipo da KHL,Tamén se converteu no primeiro equipo dun país nórdico en participar na competición eurasiática, e no primeiro equipo dun país que non pertencera a un réxime comunista. e deixaba a máxima competición finlandesa no medio das protestas da liga e mesmo de sectores dos seus propios seareiros. A nova da marcha do club á KHL provocou tamén o descontento nos demais clubs da SM-liiga, e mesmo algúns ameazaron ao Jokerit con impedirlle participar na tempada 2013-14 se se unía á KHL, xa que a marcha do equipo de Helsinqui comportaría para os demais clubs numerosas perdas de ingresos por entradas e dereitos de televisión. Finalmente especulouse con que o Jokerit debería pagar aos outros clubs da SM-liiga 5 millóns de Euros como compensación, se ben os termos finais do acordo non foron revelados.

Saída da KHL (2022) En febreiro de 2022, ante a escalada de violencia no leste de Ucraína, xurdiron presións para que Jokerit abandonara a KHL. O martes 22 de febreiro o grupo de seareiros Eteläpääty esixiu que o equipo deixara a competición de xeito inmediato. O director executivo da entidade, Sami Kauhanen, sinalaba entón que Jokerit tiña acordos e obrigas coa liga que debían cumprir. Segundo o comentarista deportivo ruso Lev Lukin, entre os motivos de Jokerit para non abandonar a KHL estarían o feito de competir na mellor liga de Europa e que o seu estadio, Hartwall Arena, pertence a Gennady Timchenko e á familia Rotenberg dende 2013, polo que o equipo non podería seguir xogando no estadio. Coincidindo co inicio da guerra en Ucraína o 24 de febreiro, varias empresas colaboradoras de Jokerit anunciaron o fin da súa cooperación co equipo a causa da situación en Ucraína, e a empresa Hartwall, principal patrocinador do estadio, anunciou que estaba a valorar se retiraba o seu apoio. Na mañá do 25 de febreiro o equipo emitiu un comunicado no seu sitio web no que anunciaba que suspendía a tempada 2021-22, afirmando que "na situación mundial actual, continuar coa tempada tería sido imposble". O anuncio produciuse despois de que Jari Kurri, director xeral de Jokerit, mantivera conversas coa KHL. Deste xeito o equipo de Helsinqui puña punto e final á tempada antes de comezar os play-offs, nos que debía enfrontarse ao Spartak de Moscova a partir do 1 de marzo.

Logo de retirarse da tempada na KHL o equipo comezou a ofrecer os seus xogadores a equipos da liga finlandesa, entre eles os campións olímpicos con Finlandia Iiro Pakarinen, Petteri Lindbohm, Marko Anttila, Hannes Björninen e Niklas Friman. O 27 de febreiro confirmouse a saída do adestrador Lauri Marjamäki logo de que este asinara con Kärpät, equipo que xa dirixira entre 2013 e 2016, conseguindo co equipo de Oulu dúas ligas (2014 e 2015). O 28 de febreiro anunciouse o traspaso do capitán de Jokerit, Marko Anttila, a Ilves da Liiga.

A situación do equipo é confusa e a afección pregúntase sobre o futuro do equipo. Un grupo de afeccionadas e afeccionados no equipo crearon na rede social Facebook un grupo privado baixo o nome Jokerit takaisin liigaan! (en galego "Jokerit de volta á liga!"), en alusión ao campionato finlandés, integrada por unhas 6 800 persoas. Nunha enquisa realizada no grupo, o regreso do equipo á Liiga recibiu a maior parte dos apoios (490 votos), seguida do ingreso do equipo na Mestis, mentres que a opción de continuar na KHL tan só recibiu 16 votos. Do mesmo xeito sinalábase que o equipo mantén contratos coa KHL.

A principios de abril Jokerit anunciaba na súa conta de Twitter que abandonaba a KHL. Con todo, no momento do anuncio o futuro deportivo do equipo era aínda unha incógnita, se ben especulouse co seu regreso á Liiga, o presidente de SM-liiga Oy sinalaba nesas datas que non houbera negociacións e que a Liiga tería antes que saber cal sería a organización e a propiedade do club, así como o estadio no que podería xogar, aínda que tamén indicou que "non hai oposición en principio".

Novo inicio na Mestis Os Jokerit debutaron na Mestis o 21 de setembro de 2023 fronte o K-Espoo, vixente campión da competición, cunha vitoria na prórroga. O equipo de Espoo chegou poñerse por diante 2-0 no segundo terzo, mais os goles de Alexander Forslund (autor do primeiro gol dos jókers na Mestis) e Emil Oksanen (en superioridade) igualaron a contenda, que caeu do lado capitalino grazas ao gol na prórroga de Leevi Lemberg. O partido, no que antes do inicio celebrouse a cerimonia na que se elevou o bandeirín de campión da tempada 2022-23 do K-Espoo, bateu o récord de asistencia a un xogo da segunda categoría do hóckey sobre xeo finés con 6 982 persoas nas bancadas, superando a asistencia rexistrada o 22 de abril de 2023 durante o terceiro partido das finais entre o K-Espoo e o Ketterä no mesmo escenario.

O debut dos Jokerit na súa pista tivo lugar o 22 de setembro de 2022 coa visita do KOOVEE ao Keravan jäähalli, que rexistrou un cheo con 1 240 persoas nas bancadas. O partido finalizou coa vitoria do equipo de Tampere (2-3), que anotou todos os seus goles no primeiro terzo. O primeiro gol na casa do equipo de Helsinqui foi obra de Mathias Hänninen.

Pavillóns

miniatura|400px|O Hartwall Arena durante un partido entre Jokerit e Dinamo Riga en 2018. Jokerit xogou os seus partidos como local no Helsingin jäähalli entre 1967 e 1997, este pavillón encóntrase en Nordenskiöldinkatu, no barrio de Taka-Töölö.

Dende 1997 o pavillón do Jokerit e Hartwall Arena, localizado no distrito de Keski-Pasila. O pavillón foi remodelado en 2006 e ten unha capacidade para 13 349 espectadores.

Datos de asistencia Dende que se trasladou ao Artwall Areena, o Jokerit conta coa asistencia media máis alta de toda a SM-liiga, chegando na mellor tempada a unha media de 12.232 espectadores por partido para un pavillón con capacidade para 13.665 espectadores na tempada 1997-98. Dende o último título ligueiro conseguido polo equipo en 2002, a media de asistencia ao pavillón foi diminuíndo (con lixeiros ascensos respecto á tempada precedente en 2005 e 2007) ata chegar á media máis baixa dende que o equipo abandonara o Helsingin jäähalli en 1997 con 8.295 espectadores por partido en 2010, dende aquela a asistencia non parou de medrar, situandose por riba dos 9.000 espectadores por partido nas dúas últimas tempadas.Datos de asistencia en www.hockeyarenas.net

Ano Asistencia media Clasificación en liga regular Clasificación final20029.662320px 120039.5812420049.0937720059.6362220068.734111120078.9282220088.5913420098.456420108.295101020118.4906720129.1736320139.8281520149.25279

Personalidades Xogadores Equipo actual

Capitáns miniatura|Ossi Väänänen, capitán do equipo entre 2010 e 2014. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son: {| {| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Capitáns de 1967 a 1987 Nome(s) Período Osmo Kuusisto 1967 a 1969 Erkki Mononen 1969 a 1971 Timo Turunen 1971-1976 Pentti Hiiros 1976 a 1977 Pentti Hiiros, Timo Turunen, Ari Mäkinen 1977-1978 Jari Kapanen 1978 a 1979 Jari Kapanen, Henry Leppä 1979-1980 Henry Leppä 1980 a 1981 Jussi Lepistö 1981 a 1982 Risto Kerminen 1982-1984 Markus Lehto 1984 a 1985 Jari Lindroos 1985 a 1986 Jari Lindroos, Jussi Lepistö 1986 a 1987 Jarmo Koskinen 1987-1989 Anssi Melametsä 1989 a 1991 Waltteri Immonen 1991 a 1999 </td> Capitáns dende 1987 Nome(s) Período Antti-Jussi Niemi 1999 a 2000 Ville Peltonen 2001 a 2002 Antti Törmänen 2002 Ville Peltonen 2002 a 2003 Sami Helenius 2003-2004 Juha Lind 2004-2005 Petri Varis 2005 Marko Jantunen 2005 Petri Varis 2006-2009 Antti-Jussi Niemi 2009-2010 Ossi Väänänen 2010-2014 Niko Kapanen 2014-2016 Peter Regin 2016-2020 Marko Anttila 2020-2022

Números retirados 5 Esa Tikkanen 24 Waltteri Immonen 91 Otakar Janecký

Adestradores 250px|miniatura|Jukka Jalonen, adestrador do equipo dende 2016. Dende 2016 o adestrador do equipo é Jukka Jalonen, que asinou un contrato que o vincula ao equipo de Helsinqui ata o ano 2018. O Jokerit tivo os seguintes adestradores ao longo da súa historia: