Doentes é unha longametraxe galega de ficción, producida en 2011 con dirección de Gustavo Balza. Está baseada na obra de teatro Doentes, de Roberto Vidal Bolaño. O filme estreouse en Galicia o 20 de maio de 2011. Foi unha das grandes vencedoras dos Premios Mestre Mateo 2011 (entregados no 2012), gañando cinco galardóns, incluíndo mellor longametraxe de ficción e mellor interpretación masculina protagonista Antonio Durán "Morris".
O filme estreouse en galego en cinco salas comerciais: Filmax na Coruña, Multicines Centro en Lugo, Cines Compostela en Santiago de Compostela, cines Praza Elíptica en Vigo e Multicines Gran Arousa en Vilagarcía de Arousa. Recadou 5.098,60 € nos cinemas.
Trama Santiago de Compostela, década de 1950. Os enfermos acollidos no Hostal dos Reis Católicos son botados á rúa, dado que pecha como hospital e pasa a ser un hotel de luxo, para albergar persoeiros estranxeiros, como o presidente dos Estados Unidos de América, Dwight D. Eisenhower, quen visitou a cidade pouco despois.
Don Valeriano e Cañete comezan unha peregrinación na procura dun lugar onde pasar a noite, e descobren que a policía está a apresar xente porque ao día seguinte estarán de visita Francisco Franco e mais a súa muller, Carmen Polo. Don Valeriano leva unha talla en madeira de San Serapio para lla dar a Carmen Polo, mais hai un trasacordo co intermediario e finalmente levan a figura canda a eles toda a noite. Pasan a noite perseguidos por membros dun requeté de falanxistas, que os acusan de roxos.
Ambos os dous son pais de membros da loita antifranquista, e Cañete prometéralle ao seu fillo, xa morto, que procuraría matar o xeneralísimo. Don Valeriano pide axuda a membros do Partido Comunista na clandestinidade, mais estes optan pola loita política no canto da militar porque obedece mellor aos fins da súa loita. Pensan en falar con xente do Partido Galeguista, pero din que están máis pendentes da loita literaria.
Tras unha falcatruada, mexar por riba dun municipal, son levados a comisaría, mais déixanos ceibes por falta de espazo. Finalmente os requetés danlle unha malleira a Cañete, e Don Valeriano intenta matar a Franco pola súa conta.
Elenco Antonio Durán "Morris" como Cañete Xosé Manuel Olveira "Pico" como Valeriano María Vázquez Rosa Álvarez Manolo Cortés Farruco Castromán Gonzalo Uriarte Salvador del Río Evaristo Calvo Luísa Merelas Xosé Bonome Ernesto Chao Laura Ponte Santasmarinas Roberto "Luna" Sánchez Xosé Barato
Produción Tivo un orzamento de 300.000 €.
Galardóns e nomeamentos 2011: Festival de Málaga: Sección oficial - Longametraxes a concurso. 2011: Seleccionada para participar na 33ª edición do Festival Internacional de Cine de Moscova, na sección 'Focus on Spain'.
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado10ª ediciónMellor filmeGustavo Balza GañadorMellor directorGustavo BalzaNomeadoMellor actorAntonio Durán "Morris" GañadorXosé Manuel Olveira "Pico"NomeadoMellor actrizMaría VázquezNomeadaMellor guiónRoberto G. Méndez e Gustavo BalzaNomeadosMellor dirección de produciónEnrique Batet GañadorMellor dirección artísticaAlexandra Fernández GañadoraMellor montaxeSandra SánchezNomeadaMellor música orixinalBieito RomeroNomeadoMellor sonCarlos MouriñoNomeadoMellor fotografíaSuso Bello GañadorMellor deseño de vestiarioEva CaminoNomeada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Ficha no soportal do audiovisual galego. Imaxes da rodaxe na web da RTVG
Fotogramas "Doentes-Enfermos" Filmaffinity "Doentes (Enfermos)" Culturamas "Doentes (2011)" "Gustavo Balza: 'Doentes es una película con vocación universal'", artigo en El Mundo, 15 de xuño de 2011 .
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes dirixidos por Gustavo Balza Categoría:Filmes de ZircoZine Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes baseados en obras de Roberto Vidal Bolaño