é un filme británico-xaponés dirixido por Takashi Miike que se estreou no 2010.

Sinopse O ascenso ó poder do xove e sanguinario Lord Naritsugu supón unha seria ameaza para a paz no Xapón feudal. Simplemente por ser o irmán do shogun, Lord Naritsugu está por riba da lei, e asasina e viola ó seu antollo. Aflixido polos masacres perpetrados polo sádico Naritsugu, o oficial Sir Doi ponse en contacto co samurai Shinzaemon Shimada para que o axude a acabar con Naritsugu. O nobre samurai, indignado pola crueldade de Naritsugu, acepta de bo grado a perigosa misión. Para iso, reúne a un selecto grupo de samurais, entre os que se atopa o seu sobriño Shinrokuro e o devoto aprendiz Hirayama. Xuntos, traman unha emboscada para atrapar a Lord Naritsugu non exenta de perigo. Naritsugu vai escoltado por unha comitiva encabezada polo letal e implacable Hanbei, un dos seus antigos rivais.

Personaxes Kōji Yakusho como Shimada Shinzaemon Hiroki Matsukata como Kuranaga Saheita Takayuki Yamada como Shimada Shinrokurō Kazuki Namioka como Ishizuka Rihei Tsuyoshi Ihara como Hirayama Kujūrō Ikki Sawamura como Mitsuhashi Gunjirō Seiji Rokkaku como Ōtake Mosuke Sōsuke Takaoka como Hioki Yasokichi Yūma Ishigaki como Higuchi Gennai Kōen Kondō como Horii Yahachi Arata Furuta como Sahara Heizō Masataka Kubota como Ogura Shōujirō Yūsuke Iseya como Kiga Koyata

Galardóns e nomeamentos 2010: Festival de Sitges: Mellor deseño de produción, Premio do público. 2010: Festival de Venecia: Nomeado ó León de Ouro (mellor filme). 2010: Academia de cinema xaponés: 4 premios técnicos. 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2010: Asian Film Awards: Mellor deseñador de produción. 5 nomeamentos, incluíndo mellor director. 2011: Satellite Awards: Nomeado a mellor filme de fala non inglesa.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Takashi Miike Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de samurais Categoría:Filmes ambientados en 1844