Bion 2, tamén coñecido como Kosmos 690, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 22 de outubro de 1974 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Bion 2 foi o segundo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 223 km de perixeo, 389 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.

A carga de Bion 2 consistiu en ratas albinas de laboratorio que foron sometidas a radiación e a investigación foi unha colaboración internacional entre científicos soviéticos, checos e romanos.

A cápsula regresou o 12 de novembro de 1974.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Bion Bion 1 Bion 3 Bion 4 Bion 5 Bion 6 Bion 7 Bion 8 Bion 9 Bion 10 Bion 11

Categoría:Bion