Acontecementos África 12 de maio - Os británicos anexionan Natal á Provincia do Cabo. Os boers emprenden un segundo trek, cruzando as montañas de Drakensberg.

América do Sur 23 de maio - Chile ocupa o Estreito de Magalláns.

Oceanía 5 de novembro - So pretexto de ataques aos misioneiros franceses en 1836, Francia anexiona Tahití. 18 de novembro - Francia e Gran Bretaña acordan respectar a independencia das illas Hawaii.

Europa 3 de setembro - Grecia: Golpe de estado do xeneral Yannis Makriyannis. O rei Otón I convoca un asemblea constituínte. Robert Peel anula a prohibición de exportar máquinas da Gran Bretaña, acto que en tempos podía comportar a pena de morte.

Arte e cultura 11 de novembro - O escritor dinamarqués Hans Christian Andersen dá a coñecer o conto "O parruliño feo". O escritor español Mariano José de Larra publica "El doncel de Don Enrique el Doliente", novela histórica sobre o poeta Macías o Namorado.

Ciencia e tecnoloxía Astrofotografía : daguerrotipos do espectro solar tomados por Draper. O astrónomo alemán Samuel Schwabe descobre o ciclo das manchas solares. O físico británico James Prescott Joule descobre experimentalmente o equivalente mecánico da calor. O escocés James Nasmyth inventa o martelo mecánico a vapor. Invención da máquina de escribir por Charles Thurber. O químico sueco Carl Gustav Mosander descobre o elemento químico erbio.

Nacementos 29 de xaneiro - William McKinley, presidente dos Estados Unidos (m. 1901). 24 de febreiro - Teófilo Braga, político e escritor portugués (m. 1924). 15 de abril - Henry James, escritor estadounidense (m. 1916). 10 de maio - Benito Pérez Galdós escritor español (m. 1920). 21 de maio - Louis Renault, xurista francés, premio Nobel da Paz en 1907 (m. 1918). 3 de xuño - Rei Frederico VIII de Dinamarca (m. 1912). 9 de xuño - Bertha von Suttner, pacifista e escritora austríaca, premio Nobel da Paz en 1905 (m. 1914). 15 de xuño - Edvar Grieg, compositor noruegués (m. 1907). 7 de xullo - Camillo Golgi, médico italiano, premio Nobel de Medicina en 1906 (m. 1926). 17 de xullo - Julio Argentino Roca, presidente da Arxentina (m. 1914). 31 de agosto - Georg von Hertling, chanceler alemán (m. 1919). 24 de novembro - Luis Cadarso Rey, militar galego da Armada (m. 1898). 11 de decembro - Robert Koch, bacteriólogo e Premio Nobel de Medicina en 1905. Descubriu o bacilo da tuberculose (m. 1910). 15 de decembro - Francisco Silvela, político español, presidente do Goberno de España.

Mortes 21 de marzo - Robert Southey, escritor británico (n. 1774) 7 de xuño - Friedrich Hölderlin, poeta alemán (n. 1770) 2 de xullo - Samuel Hahnemann, médico alemán, creador da homeopatía (n. 1755) Xullo ou agosto - Sequoyah, creador do silabario cherokee (n. ca. 1767) 19 de setembro - Gaspard Gustave de Coriolis, matemático e físico francés (n. 1792)

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1843