Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego é un telefilme producido por Continental Producciones e Salero Films, coa participación de TVG, Canal Sur, Telemadrid, Canal 9 e Euskal Telebista.
Rodado en Galicia, dirixido por Simón Casal e protagonizado por Manu Regueiro, Julio Pereira e María Tasende, contou co asesoramento e a cesión de imaxes da Fundación Eduardo Barreiros.
Céntrase na figura do que chegou a ser un dos seis empresarios máis importantes de Europa nos anos 1960 construíndo o imperio industrial de Barreiros, que comezou coa xenial idea de converter os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo).
Sinopse Eduardo Barreiros (Manu Regueiro) é un rapaz que vive coa súa familia nunha aldea ourensá, onde axuda ao seu pai (Salvador del Río) cobrando as viaxes da súa liña de autobuses. Pouco despois comeza a traballar nun taller mecánico e tras participar na guerra civil monta a súa propia empresa. Un día ocórreselle a idea de transformar os motores de gasolina de camións e autobuses en motores diésel (de gasóleo), o que lle da un gran pulo á súa empresa. Tras mudarse a Madrid coa súa muller (María Tasende) e o seu fillo, constrúe unha fábrica en Madrid e tenta expandir o seu negocio, loitando contra os obstáculos impostos polo seu socio comercial, Chrysler, e as propias autoridades españolas, especialmente o presidente do INI, Juan Antonio Suances (Xulio Lago).
Elenco
Manuel Regueiro como Eduardo Barreiros adulto. Christian Escuredo como Eduardo Barreiros novo. Brais Varela como Eduardo Barreiros neno. Tamara Canosa como Dorinda nova. María Tasende como Dorinda adulta. Rebeca Montero como nai de Eduardo. Salvador del Río como pai de Eduardo. Dani Lago como Valeriano novo. Julio Pereira como Valeriano adulto. Darío Loureiro como Graciliano neno. Denís Gómez como Graciliano adulto. Alfonso Agra como Manuel. Jorge Taboada como fillo de Eduardo. Manolo Solo como Fermín. Kevin Stewart como Patrick. John Eastham como Arthur. Dominic Graville como George Love. Vicente Montoto como avó de Eduardo. Federico Pérez como Ramón. Carlos Sante como Gregorio López-Bravo. Xulio Lago como Juan Antonio Suances. Gonzalo Rey Chao como Don Herminio. Iria Candal como Emilia. Mariana Carballal comotía de Dorinda. Alberto Tomé como xefe do taller. Diego Varela como Garrido.
Produción O filme foi rodado orixinalmente en galego, con algúns diálogos en castelán e inglés. Foi estreado na Televisión de Galicia o 23 de xaneiro de 2013. Para a súa distribución fóra de Galicia, realizouse unha dobraxe ao castelán. Os exteriores rodáronse na Coruña, Ferrol, Pontedeume e Aranga.
Galardóns e nomeamentos Na 45ª edición do Festival Internacional World Fest de Houston (2012),45th Wordlfest-Houston Palmarés do 45th Wordlfest-Houston. recibiu o máximo galardón, o platino, seleccionada entre títulos de todo o mundo, distinción que lle permite acceder automaticamente á selección oficial do Festival de Seúl.No Festival de Houston, o máis antigo dos que se dedican ao cine e ao vídeo independente, foron descubertas figuras do nivel de Steven Spielberg ou George Lucas, e onde hai tal grao de competitividade que a edición pasada recibiu 4.500 solicitudes procedentes de máis de 37 países.
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2011Mellor directorSimón Casal de MiguelNomeadoMellor filme para televisiónContinental Producciones, Salero Films e TVG GañadorMellor dirección de produciónCarlos AmoedoNomeadoMellor dirección artísticaAntonio Pereira Saqués e Ángel AmaroNomeadosMellor maquillaxe e peiteadoCristina CoutoNomeadaMellor deseño de vestiarioMaría FandiñoNomeada
Notas
Véxase tamén Bibliografía Thomas, Hugh (2007): Barreiros, el motor de España. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-06834-1.
Outros artigos Eduardo Barreiros Barreiros (automoción)
Ligazóns externas "A TV movie Eduardo Barreiros, o Henry Ford español acada o máximo galardón no festival de Houston", nova na web da CRTVG. "Eduardo Barreiros, el Henry Ford español comienza a cosechar éxitos", artigo en El Mundo, 27 de abril de 2012 . ZoomIgualada, Festival Europeo de Cine para Televisión Web oficial da Fundación Barreiros 17º Festival Internacional de Cine de Ourense Tráiler Videoclips do filme
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes rodados en Ferrol