Bion 5, tamén coñecido como Kosmos 1129, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 25 de setembro de 1979 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Bion 5 foi o quinto satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 226 km de perixeo, 406 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.

Bion 5 levaba a bordo experimentos preparados por científicos de nove países. Entre os experimentos incluíase o primeiro intento de reprodución de mamíferos no espazo, que non tivo éxito.

A cápsula regresou o 14 de outubro de 1979, tras 18,5 días de voo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 3 Bion 4 Bion 6 Bion 7 Bion 8 Bion 9 Bion 10 Bion 11

Categoría:Bion