Alfredo García López-Dóriga, coñecido como Alfredo García Dóriga, nado en Viveiro o 13 de abril de 1849 e finado na mesma vila o 14 de decembro de 1911, foi un xornalista e escritor galego en lingua castelá, galega e asturiana.

Traxectoria Fillo de Cipriano José García Méndez e Eulogia López Dóriga, residiu de mozo en Oviedo, de onde era a súa nai. Alí colaborou en El Faro Asturiano e dirixiu La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias. Viviu tamén en Santiago de Compostela, Salamanca e Mondoñedo, onde dirixiu o periódico local El Baluarte de Galicia. Finalmente asentouse en Viveiro, onde exerceu como bibliotecario e colaborou nos periódicos El Eco de Vivero e El Vivariense, a máis de colaboracións nalgunha obra como o Álbum Histórico, científico y literario de Galicia de 1887.

Posromántico e rexionalista, en castelán, foi narrador, poeta e articulista. En galego, escribiu algúns poemas que foron publicados en diferentes xornais da época. Algúns deles foron recollidos en Fuego del alma: Narraciones y leyendas (1966), volume póstumo bilingüe.

O seu poemario Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012), versificación das sagradas escrituras, foi publicado cunha introdución biográfica por Emilio Ínsua.

En asturiano escribiu poemas na variedade de Llena, de onde procedía a súa familia materna, e varias das súas composicións apareceron na escolma Los nuevos bablistas (1925).Nel Amaro "La toponimia llariega na literatura" Lletres Asturianes 22

Foi cronista de Viveiro e académico correspondente da Real Academia Galega.

Obra miniatura|¡Fuego del alma!… Colaboracións no Álbum Histórico, científico y literario de Galicia (1887). Fuego del alma: Narraciones y leyendas (obra póstuma, 1966). Lex Dei. Poema de Historia Sagrada (2012). "Improvisación", poema adicado a Pascual Veiga en El Compostelano."Improvisación" Poema en asturiano.Poema en asturiano

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Dóriga fai unha especie de versión poética da Biblia", La Voz de Galicia, 17/3/2012. "Reputado periodista en Galicia y Asturias y cronista efímero" La Voz de Galicia, 17/8/2005 . "Nova de 'Álbum Histórico, científico y literario de Galicia'", no pregón da Semana Santa de Viveiro. p. 10. Outros artigos José García Dóriga Ligazóns externas Requeixo, Armando. "Noticia de Alfredo García Dóriga 17/4/2012.

Categoría:Xornalistas de Viveiro Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Cronistas de Viveiro