Biosatellite 1, tamén coñecido abreviadamente como Biosat 1 e como Biosatellite A, foi un satélite artificial non tripulado dos Estados Unidos pertencente ó programa Biosatellite para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 14 de decembro de 1966 mediante un foguete Delta G desde o complexo de lanzamento 17A do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
Características Biosatellite 1 foi o primeiro da serie de satélites Biosatellite. Foi lanzado nunha órbita inicial de 296 km de perixeo, 309 km de apoxeo e 33,5 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.
Biosatellite 1 levaba a bordo diversos espécimes para o estudo dos efectos do contorno espacial nos procesos biolóxicos. A cápsula que debía regresar a terra separouse do vehículo correctamente, pero os seus foguetes non funcionaron, polo que a cápsula non se recuperou segundo o previsto e non se obtiveron datos científicos. Reentrou na atmosfera incontroladamente, debido ó rozamento atmosférico, o 15 de febreiro de 1967.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Biosatellite 2 Biosatellite 3
Categoría:Satélites artificiais