Block DM-2 11S861, tamén coñecido comercialmente como Block DM1 ou simplemente como Block DM-2 (non confundir co Block DM2) é o nome dun foguete soviético e ruso usado como remolcador espacial e etapa superior.

Características O Block DM-2 11S861 foi un foguete usado como remolcador espacial ou etapa superior para ser usado con foguetes Proton e descendente do Block DM 11S86, cun sistema de guiado mellorado. Inicialmente foi usado para a inserción de satélites militares na órbita xeoestacionaria. Comercialmente desígnase Block DM1 e usa un adaptador fabricado por Saab para o lanzamento de satélites baseados no bus AS 4000.

Notas

Véxase tamén Block DM 11S86 Block DM-2M 11S861-01 Proton K/DM-2

Categoría:Foguetes espaciais