O termo Enciclopedia pode referirse a:
Enciclopedia, a Encyclopédie ou dictionnaire raisonné des sciences, des arts et des métiers comunmente abreviada como Enciclopedia, a enciclopedia "propiamente dita", que se publicou en Francia no século XVIII en 35 volumes, dirixida por Diderot e D'Alembert. Aos ilustrados seguidores das súas ideas denomináronse os enciclopedistas. Enciclopedia, calquera das obras nas que se fai un compendio do coñecemento humano (ou dunha parte deeste), xeralmente en varios volumes, así chamadas a imitación da Enciclopedia francesa, como a Enciclopedia Británica, a Enciclopedia Larouse, a Enciclopedia Espasa, a Gran Enciclopedia Galega e moitas outras.