Christiaan Neethling Barnard, nado en Beaufort West o 8 de novembro de 1922 e finado en Paphos o 2 de setembro de 2001, foi un médico surafricano. Efectuou o primeiro transplante de corazón o 3 de decembro de 1967. Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Cidade do Cabo, e tras realizar a residencia no Hospital Groote Schuur de Cidade do Cabo, converteuse no médico dunha pequena poboación rural, Ceres, da provincia do Cabo Oriental, onde casou en 1948 cunha enfermeira. En 1951 volveu a Cidade do Cabo e traballou en dous hospitais. En 1956 especializouse en cirurxía cardiovascular na Universidade de Minnesota.
Xa de volta en Suráfrica, no Hospital Groote Schuur, realizou numerosos experimentos de transplantes de corazón en animais. O 3 de decembro de 1967 realizou o primeiro transplante de corazón en humanos, a operación fíxoa un equipo de trinta persoas e durou nove horas. O operado, Louis Washkanski, sobreviviu 18 días antes de morrer dunha pneumonía inducida polas medicinas inmunodepresoras que tiña que tomar. Barnard continuou realizando operacións de transplante de corazón, e xa a segunda operación, realizada a Philip Blaiberg o 2 de xaneiro de 1968, foi un éxito, ao sobrevivir á operación máis de 19 meses, e estimulou o realización de transplantes noutros países.
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Médicos Categoría:Alumnos da Universidade de Cidade do Cabo Categoría:Nados en Beaufort West Categoría:Alumnos da Universidade de Minnesota