Maometto II (en galego, Mehmed II) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesare della Valle, ambientado nos anos 1470 durante a época da guerra entre os turcos e os venecianos. Della Valle baseou o libreto nunha obra anterior súa, Anna Erizo. O nome do papel titular, Maometto II, refírese ao sultán turco otomán histórico, o gran conquistador de Constantinopla Mehmed II, quen viviu entre 1432 e 1481. Foi estreada o 3 de decembro de 1820 no Teatro San Carlo de Nápoles.

Historia A ópera compúxose cando a carreira de Rossini comezouse a limitar a unha soa ópera por ano, e apareceu case un ano despois de Bianca e Falliero, aínda que lle sucedeu inmediatamente Matilde di Shabran.Osborne, p. 101 Rossini comezou a compoñer a ópera en maio de 1820 para Nápoles, mais varios levantamentos políticos, que ameazaban o goberno do rei Fernando I, tiveron que estar o suficiente baixo control antes de permitir que continuara a actividade teatral e para que tivera lugar a primeira representación no Teatro San Carlo de Nápoles o 3 de decembro de 1820. Na estrea, o baixo Filippo Galli desempeñou o papel de Maometto II, Andrea Nozzari foi Paolo, Isabella Colbran súa filla Anna e Giuseppe Ciccimarra o nobre Condulmiero.

Mentres que "(a ópera) non gustou moito aos napolitanos",Osborne, p. 102 "foi ben recibida cando Rossini a revisou en Venecia no Gran Teatro La Fenice en decembro de 1822." En 1823 e 1824, Maometto II foi presentada en Viena e Milán e logo en Lisboa en 1826, pero logo se esqueceu debido a que "unha gran parte da súa partitura (foi adaptada) a un novo libreto en francés" e representada en París o 9 de outubro de 1826 como Le siège de Corinthe, as guerras dos anos 1820 entre os gregos e os turcos eran daquela máis tópicos que aqueles entre os turcos e os venecianos da orixinal.Holden p. 787

Como Maometto II, a ópera desapareceu e, aínda que hoxe en día se representa raramente, reviviu polo Festival Rossini en Pésaro en 1985. A primeira representación nos Estados Unidos tivo lugar o 17 de setembro de 1988, cando foi presentada na ópera de San Francisco. Non hai referencias a ningunha produción no Reino Unido.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 5 representacións no período 2005-2010.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 3 de decembro de 1820(Director: Nicola Festa)Premiere cast from Casaglia (2005)Maometto II (Mehmed II)baixoFilippo GalliPaolo Erisso, xefe dos venecianos en Negroponte tenorAndrea NozzariAnna, súa filla soprano Isabella ColbranCalbo, nobre veneciano mezzosoprano ou contraltoAdelaide ComelliCondulmiero, nobre venecianotenorGiuseppe CiccimarraSelimo, nobre musulmántenorGaetano Chizzola

Argumento Acto 1 Bizancio acaba de caer en mans dos turcos, e as tropas de Maometto II (o Sultán Mehmed II) están sitiando aos venecianos na cidade de Negroponte (Chalkida). O xove Calbo empurra a Paolo Erisso na loita pola defensa da cidade, mentres Condulmiero quere ceder. A filla de Erisso, Anna, casará con Calbo, como é o desexo do seu pai. Ela está, porén, nunha relación en segredo cun nobre descoñecido que coñeceu en Corinto. Os musulmáns rompen as defensas e Erisso e Calbo son feitos prisioneiros. Maometto chega e é recoñecido por Anna: el é o seu amante segredo. Erisso e Anna están horrorizados por esta repentina revelación. Anna ameaza con suicidarse se Maometto non libera a Erisso e Calbo, e, promételle unha vida de luxo, el accede.

Acto 2 Maometto declara o seu amor por Anna e lle ofrece o trono, mais ela o rexeita. Maometto parte para preparar outro ataque á cidadela, mais deixa o seu selo imperial de autoridade con ela para garantir a súa seguridade durante a súa ausencia. Anna únese a Erisso e Calbo, que están na clandestinidade. Erisso inicialmente rexeita á súa filla por confraternizar co inimigo, mais ela xúralle que nunca casará con el e entrégalle o selo de Maometto a Erisso, que lle permitirá a el e a Calbo saír do seu recuncho. Erisso casa a Calbo con Anna diante da tumba de súa nai, e os dous homes parten ao combate contra Maometto. En pouco tempo, Anna se decata de que Maometto foi derrotado por Erisso e escapou, mais agora a súa vida está en perigo, xa que el prometeu vinganza. Ela enfrontase a Maometto e os seus homes e, logo de revelar que lle deu o seu selo ao seu pai e casou con Calbo, apuñálase e morre na tumba da súa nai.

Estrutura (Nápoles, 1820) Acto 1 1 Introduzione Al tuo cenno, Erisso (Coro, Erisso, Condulmiero, Calbo) 2 Cavatina Ah che invan su questo ciglio (Anna) 3 Terzettone Ohimè, qual fulmine! (Anna, Erisso, Calbo) 4 Coro e cavatina Sorgete, in sì bel giorno (Maometto) 5 Finale primo Giusto ciel, che strazio è questo! (Erisso, Calbo, Maometto, Selimo, Anna, Coro)

Acto 2 6 Coro di donne È follia sul fior degli anni 7 Duetto Anna, tu piangi? (Anna, Maometto) 8 Cavatina con coro All'invito generoso (Maometto) 9 Scena ed aria Non temer, d'un basso affetto (Calbo) 10 Terzetto In questi estremi istanti (Erisso, Calbo, Anna) 11 Finale secondo Alfin compiuta è una metà dell'opra (Anna, Coro, Maometto)

Estrutura (Venecia, 1822) Sinfonia Acto 1 1 Introduzione Al tuo cenno, Erisso (Coro, Erisso, Condulmiero, Calbo) 2 Coro di donne Restate, amici 3 Scena e quartetto con coro Ilarità! Per me? Speranza! (Anna, Erisso, Calbo, Condulmiero) 4 Scena e terzettone Che sento, oh Dio! (Anna, Erisso, Calbo) 5 Coro e cavatina Sorgete, in sì bel giorno (Maometto) 6 Finale primo Giusto ciel, che strazio è questo (Erisso, Calbo, Maometto, Selimo, Anna, Coro)

Acto 2 7 Coro di donne È follia sul fior degli anni 8 Duetto Anna, tu piangi? (Anna, Maometto) 9 Scena ed aria Non temer, d'un basso affetto (Calbo) 10 Scena e terzetto Pria svenar con ferme ciglia (Calbo, Erisso, Maometto) 11 Gran scena ed aria Alfin compiuta è una metà dell'opra (Anna, Coro) 12 Finale secondo e rondò I puri voti accogli - Tanti affetti in tal momento (Anna, Coro)

Discografía AnoElenco(Maometto, Anna,Calbo, Erisso)Director,Teatro de ópera e orquestraSello discográfico Gravacións de Maometto II en operadis-opera-discography.org.uk 1983Samuel Ramey,June Anderson,Margherita Zimmermann,Ernesto PalacioClaudio Scimone,Orquestra Philharmonia e Coro de Ópera Ambrosiano CD de son: PhillipsCat: 475 509-2 1985Samuel Ramey,Cecilia Gasdia, Lucia Valentini-Terrani,Chris MerrittClaudio Scimone,Orquestra Filharmónica de Praga e Coro do Festival Europeo(Gravación en vídeo dunha interpretación no Festival Rossini de Pésaro)DVD: Premiere OperaCat: 5187 2005 Lorenzo Regazzo,Carmen Giannattasio, Maxim Mironov, Annarita GemmabellaClaudio Scimone,Orquestra e Coro do Gran Teatro La Fenice(Gravación en vídeo dunha interpretación no Gran Teatro La Fenice de Venecia da versión interpretada naquel teatro en febreiro de 1822). DVD: DynamicCat: DV 33492 2008 Michele Pertusi,Marina Rebeka, Daniela Barcellona, Francesco MeliGustav Kuhn,Orquestra Haydn de Bolzano e Trento e Coro de Cámara Praga(Gravación duna interpretación no Arena Adriático, Pésaro, agosto) CD de son: Celestial AudioCat: CA 831

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1820