A palabra canónico (do latín tardío canonĭcus, "conforme ás regras, conforme aos cánones eclesiásticos", e este do grego κανονικός, kanonikós) fai referencia, en xeral, a todo o que se axusta aos cánones ou regras, e pode referirse a:
Dereito Código de Dereito Canónico, normas xurídicas que regulan a organización da Igrexa Católica de rito latino.
Estatística Correlación canónica, un método estatístico de análise multivariante desenvolvido por Harold Hotelling.
Física Gravidade canónica ou gravidade cuántica canónica, un intento de cuantizar a formulación canónica da relatividade xeral. Colectividade canónica ou colectivo canónico, unha forma de expoñer problemas en física estatística.
Informática En páxinas web, 'nome canónico é un nome orixinal, de raíz. CNAME ou Canonical NAME é un dos rexistros usados dentro do sistema de nomes de dominio para identificar o nome canónico dun dominio, ao que apuntan todos os seus alias.
Lingüística Nas disciplinas interesadas na análise das linguas, "canónico" é todo o que se axusta ás regras (de conxugación dos verbos, gramaticais, os signos de puntuación); por exemplo, "o uso canónico dos dous puntos".
Matemática canónico indica algo que é natural, non arbitrario transformación canónica, un cambio de coordenadas canonicamente conxugadas.
Relixión Evanxeos canónicos, os que pertecen ao canon do Novo Testamento. Deuterocanónicos, sete libros do Antigo Testamento presentes nos códices da Septuaginta, que conforman o Canon de Alexandría.
Véxase tamén canon