miniatura|dereita|Froitas secas variadas. Unha froita seca é un produto que se obtén do secado realizado a determinadas froitas especiais, propensas a este proceso.
As froitas secas poden considerarse como un simple aperitivo, e nalgunhas cociñas do mundo empréganas como ingredientes na elaboración dalgúns pratos.
Proceso de secado O proceso de deshidratación ou secado ten dúas finalidades: aumentar as posibilidades de preservación da froita reforzar o sabor das froitas sometidas a este procedemento.
Mediante el, chégase a reducir o contido de humidade na carne da froita até chegar a un 20 % do seu peso.
O proceso destrúe algunha cantidade de vitamina C.
Algunhas froitas sécanse con trazas de dióxido de xofre para darlles unha cor rechamante, como no caso dos pexegos e albaricoques nos chamados orejones en castelán, que adoitan ter unha coloración alaranxada debido a este aditivo.
As froitas que se máis ferecuentemente se secan son os figos, as uvas, as ameixas, os dátiles e a banana. Tamén atopamos recentemente arandos e incluso bagas de goxi.
Confusión Non debe confundirse este tipo de procesamento realizado ás froitas coa denominación de froitos secos, que non se somenten a proceso de secado. Por tal motivo adóitase empregar o nome de froitos pasos (uva pasa, ou pasa propiamente dita, cirolas pasas etc.)
Véxase tamén Outros artigos Pasa Froito seco Froita confeitada
Ligazóns externas
Métodos de elaboración de froitas secas Universidade de Carolina. Consultada o 10/5/2012.
Categoría:Gastronomía de Nadal