Juan María de la Coba Gómez, nado en Ourense o 30 de marzo de 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899, foi un escritor e inventor galego, considerado un dos animadores máis excéntricos da vida cultural da súa cidade.
Traxectoria Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba, “bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”. Inventou tamén unha lingua, o trampitán, idioma empregado por Gonzalo Torrente Ballester na novela La saga/fuga de J. B.. Escribiu dúas pezas teatrais en galego, mais segundo a crítica o contido das súas obras era de calidade pésima e carentes de acción e de interese.AAVV. "Coba Gómez, Xan da" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Cerámica de Sargadelos fixo unha botella coa súa figura.
Obras miniatura|300px|El Gracioso. La Galiciana, 1861. María Pita, 1863. Avisos al labrador principales nociones de agricultura, 1867. Grandes consejos: obra literaria de instrucción moral y recreativa, 1876. Desengaños : obra moral y en verso contra el crimen, 1880. Guerra en Melilla, 1888 Una permuta fatal, 1889 Juanita y Juan, 1890 Cervantes, 1894 Batalla de Lepanto, 1894 La trampitana, 1895 El conde y marqués, 1896 Cuba es de España, Razones de la ley, 1896 La fidelidad, 1897
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Alonso Montero, Xesús e Casares, Carlos (1992). Vida, obra e milagres de Xan da Coba. Biblioteca de autores galegos. Diario 16 de Galicia.
Fariña Busto, F. e Sierra Rodríguez, M.ª José: "Notas encol da biografía de Don Juan de la Coba Gómez". Boletín Avriense, t. 45, 2015 , p. 225-242. Filgueira Valverde, José (1992). "Un poeta coa súa fala: don Juan de la Coba Gómez e a súa lingua poética". VII Adral. Ediciós do Castro.
Valcárcel, Marcos et al. (1999). Juan de la Coba y Gómez, 1829-1899: antoloxía de textos sobre o inventor do trampitán Concello de Ourense.
Ligazóns externas Nota biográfica 7/2/2008.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1829 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Inventores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público