Ludwig Heinrich Bojanus, nado en Bouxwiller, Alsacia, o 16 de xullo de 1776 e finado e Darmstadt o 2 de abril de 1827, foi un médico e naturalista alemán.
Estudou en Darmstadt e despois na Universidade de Jena.
En 1806 foi profesor de veterinaria na Universidade de Vilnius, cambiando a anatomía comparada en 1816.
Publicou unha importante obra sobre a anatomía das tartarugas, Anatome Testudinis Europaeae.
Foi autor de varios descubrimentos científicos, entre eles o órgano glandular en moluscos bivalvos (denominado órgano de Bojanus), e diferenciou a especie Bos taurus primigenius Bojanus (o uro) de Bison priscus Bojanus (o bisonte das estepas).
En 1812, cando Napoleón I chegou a Vilnius, Bojanus foi por un tempo a San Petersburgo.
Faleceu en Darmstadt.
Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Nados no departamento do Baixo Rin Categoría:Alumnos da Universidade de Jena Categoría:Nados en 1776 Categoría:Finados en 1827 Categoría:Profesores da Universidade de Vilnius Categoría:Médicos de Alemaña